Skip to Content

ESTÁDELO A FACER MOI BEN!

Bos días nenos, nenas e familias:

levamos xa varias semanas na casa e é normal que nalgúns momentos sintamos máis intranquilidade, impaciencia…, incluso enfado. Pero estar tanto tempo na casa tamén ten moitas cousas boas!!!! É unha oportunidade para desfrutar dunha chea de actividades en familia, como xogos, contos, pelis, cancións, bailes….

Por iso, familias, para esta semana propóñovos un xogo cos vosos peques para que poidan identificar as emocións, xa que ese é o primeiro paso para poder xestionalas. Invítovos a facer con eles un EMOCIONÓMETRO.

 

 

Como puidéches ver no vídeo anterior, a solución a unha situación de enfado nun parque foi a de pedir perdón e dar unha aperta.Dada a situación de confinamento que vivimos, esta aperta, de momento, non pode ser real, ten que ser simbólica. Tamén pode ser un reto averiguar que outras maneiras de expresar afecto podemos realizar sen contacto físico, como facer o xesto de abrazarnos a nos mesmos, levantar o pulgar da man en sinal de aprobación, ou outro tipo de xesto a distancia que se vos ocorra. 

 

Unha das emocións que pode ser máis complicada de xestionar é a ira. Os nenos e nenas necesitan saber que o enfado é un sentimento normal, sempre que non se faga dano a ninguén. Para isto, déixovos este conto de Trace Moroney que vos pode axudar: CUANDO ESTOY ENFADADO.

 

 

Que teñades boa semana. Unha aperta grande e moito ánimo. Estádelo a facer moi ben!!!

A orientadora.

Loli



page | by Dr. Radut