Skip to Content

COMENZAMOS O 3º TRIMESTRE

Seguindo as recomendacións da Consellería de Educación e á espera de novas instruccións, o terceiro trimestre será de repaso e reforzo dos dous trimestres anteriores. A ensinanza continuará a ser como ata o momento, por medio da páxina web, de videos e de archivos adxuntos coas fichas ou actividades a realizar.

Tratarei de propoñer actividades que combinen a parte académica (fichas) coa parte lúdica (xogos e actividades máis motivadoras para os nen@s) para facerlles máis levadeiro este confinamento. Os mestres especialistas (inglés, música, plástica e educación física) seguirán publicando nos seus respectivos blogues as actividades da súas áreas.

En canto ás fichas e traballos a realizar colgaranse na páxina web semanalmente (os luns) e pedirei, coa finalidade de levar un seguimento do alumnado,  que algunha ma enviedes por e-mail, ben en foto ou video.  Calquera dúbida podedes consultala polas canles que xa coñecedes (e-mail, abalar).

Por outra parte, rogaría ás familias que si existe algunha circunstancia que impida seguir este tipo de ensinanza mo fagades chegar por medio do e-mail para tratar de buscar a mellor solución posible. Refírome a circunstancias do tipo: non temos internet na casa, non podo enviar por e-mail os traballos, non teño impresora para poder imprimilos, etc... ou calquera outra que se vos ocorra.

 Moitos ánimos a tod@s!!! Apertas aos nen@s!!!

Un saúdo.

A titora de 1º. Chus.



page | by Dr. Radut