Skip to Content

blogue decosta

5º CURSO. ACTIVIDADES SEMANA 15 A 19 DE XUÑO.

Bo día

Chegamos á derradeira semana deste curso tan atípico. Para rematar as actividades vouvos propoñer únicamente para esta semana escribir a vosa historia do confinamento e expliquedes como vivíchedes este tempo desde o principio ata esta nova normalidade que comeza hoxe. Botade man dos diarios que escribíchedes as primeiras semanas. Eso pode axudarvos a comezar. Poñede especial interese na ortografía, en non repetir palabras, en escribir con boa letra, en utilizar a puntuación adecuada... A extensión da redacción debe ser de dúas carillas. Tedes ata o xoves para envialo, porque as notas pubicaránse o venres 19 en ABALAR. Un último esforzo!!!

Mar

SOLUCIONARIO SEMANA 8-12 XUÑO. 5º CURSO

 

Bo dia
Aqui vos deixo o que será o último solucionario do curso. Quedan tres adxuntos aínda que eran catro fichas porque a das operacións combinadas era autoavaliable.

Mar

 
 

ACTIVIDADES SEMANA 8 A 12 DE XUÑO- 5º CURSO

Ola rapaces!!

No arquivo adxunto están as  tarefas para esta semana. Tendo en conta que xa non tedes libros na casa deixo unhas fichas de repaso que xa serán as últimas. Así que vos pido un último esforzo antes das vacacións e aqueles que teñades algo pendente debedes de envialo esta semana.

 

Mar

ACTIVIDADES SEMANAIS 1-5 XUÑO -5º CURSO

Bo dia

Como vedes imos entrar na recta final, así que vou deixarvos únicamente  traballo de Plástica para evaluar nesta última avaliación. Aquí vos deixo un enlace a un video de You Tube. Tedes que velo con calma e elexir un dos debuxos que propoñen para facer vós. Teredes que enviarmo o venres.

Esta semana deberedes entregar os libros no colexio. O horario establecido para 5º é o mércores de 10.30 ás 11.30. Se alguén tivese problemas, que mo comunique e vemos de arranxar doutro xeito.

Recordade coma sempre visitar os Blogs dos especialistas e a páxina principal donde xa están publicados todos os gañadores dos videocontos (algún da nosa clase)

 

Mar

SOLUCIÓNS AS ACTIVIDADES SEMANAIS 25 A 29 DE MAIO. 5º PRIMARIA

Bo dia

Déixovos esta semana 3 adxuntos coas solucións. A primeira do traballo de Matemáticas e de Castelán. Os outros dous corresponden ás fichas que vos puxen de Naturais e Sociais.
 
Non esquezades visitar a páxina principal onde xa están colgados os primeiros gañadores da actividade de videocontos.
 
A próxima semana haberá que devolver os libros que tedes na casa, así que podedes revisalos para entregar como facemos ao final de trimestre. Xa vos mandarei un aviso co día e a hora.

 

Mar

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA 22 DE MAIO

Bo día nenos!!

No arquivo adxunto déixovos as solucións desta semana.

No blog da biblioteca queda colgada unha videomontaxe dos nenos de 3º sobre receitas de cociña que de seguro vos gustará. 

Aqueles que aínda non o fixestes, animádevos a participar no concurso de videocontos da biblioteca.

Recordade aos vosos pais que xa está aberto o prazo para solicitar o fondo de libros para o ano que vén. Todas aas instruccións tédelas na páxina principal.

Unha aperta

Mar

ACTIVIDADES PARA 5º CURSO, SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Bo dia

Esta semana estaba adicada á celebración das Letras Galegas e, aínda que moitos actos foron aplazados, déixovos unhas fichas para traballar o autor homenaxeado este ano e as súas obras. Como son bastantes soamente vou engadir a ficha que esquecín adxuntar a semana pasada.
Como sempre recordar que revisedes os blogs dos especialistas.

 

Mar

ACTIVIDADES PARA 5º CURSO, SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Bo dia

Esta semana estaba adicada á celebración das Letras Galegas e, aínda que moitos actos foron aplazados, déixovos unhas fichas para traballar o autor homenaxeado este ano e as súas obras. Como son bastantes soamente vou engadir a ficha que esquecín adxuntar a semana pasada.
Como sempre recordar que revisedes os blogs dos especialistas.

 

Mar

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA 8 DE MAIO

Bo día nenos!!

No arquivo adxunto déixovos as solucións desta semana.

No blog da biblioteca e na páxina principal desta web agárdavos unha sorpresa que de seguro vos gustará. Algúns profes gravaron unha serie de contos adicados especialmente a vós. Non tedes curiosidade por saber quen foi o primeir@?

Unha aperta da vosa profe.

ACTIVIDADES PARA 5º CURSO, SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Bo día nenos!!

Nos arquivos adxuntos déixovos as tarefas para esta semana. 

Lembrade visitar os blogs das diferentes especialidades para ver e facer as tarefas que vos deixaron tamén os mestres especialistas esta semana. 

Mar

Distribuir contido


by Dr. Radut