Skip to Content

Novas

Modificación materia optativa

As familias que desexen MODIFICAR  a materia de Relixión pola de Valores Sociais e Cívicos e viceversa deberán comunicalo ao email do centro antes do venres 26 de xuño. Grazas.

REVISTA ESCOLAR DON CUCO 2020

Xa está aquí a revista don Cuco, este ano un pouco antes do habitual. Conseguimos rescatar e rematar algúns dos traballos que xa tiñades vós comenzados, ademáis de facer un resumo das principais noticias e unha galería de imaxes para tratar de recoller todo o que deu de si o presente curso, que foi moito! Desfrutade de momento da versión dixital.

Para acceder premede na imaxe da portada:

Quendas para devolución libros e recollida de material

Infórmase das quendas para que as familias poidan recoller o material do alumnado que solicitaron e para a devolución dos libros de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria do fondo de libros solidario.

As familias agardarán no exterior do centro mantendo a distancia de seguridade e con mascarilla a que sexan chamados para recoller o material e devolver os libros. Por motivos de seguridade non se atenderá fóra dese horario.

Martes 2 de xuño

09.30h -10.30h: E. Infantil

10.30h - 11.30h: 1º curso EP

11.30h- 12.30h: 2º curso EP

12.30h- 13.30h 3º curso EP

 

Mércores 3 de xuño

09.30h -10.30h: 4º curso EP

10.30h - 11.30h: 5º curso EP

11.30h- 12.30h: 6º curso EP

 

Xoves 4 de xuño para familias que non puidesen asistir os días anteriores e con cita previa: de 09.30h -10.30h

Lémbraselles que se non se efectúa a devolución dos libros non poderán acceder ao fondo solidario do vindeiro curso.

Un saúdo

 

CÓNTAME UN CONTO. TRABALLOS PRESENTADOS E GAÑADORES DO CONCURSO

Grazas a todos os que participastes no concurso de videocontos e parabéns, porque desfrutamos moito coas vosas creacións.

Todos e cada un de vós merecedes o premio e por iso todos ides recibir un agasallo de Mouchán. Pero como isto era un concurso onde hai que elixir a uns gañadores,  valoramos orixinalidade, elaboración, posta en escena,  interpretación...

Deste xeito, quedamos cun gañador por categoría en cada un dos ciclos.

As categorías son:

Videoconto en castelán

Videoconto en galego

Videoconto por parellas

E para darlle un pouco de emoción a esta entrega de premios virtual, hoxe daremos a coñecer soamente aos gañadores da categoría videocontos en castelán:

Mellor videoconto Educación infantil: Nuria Pintos. Conto: “Caperucita roja

 

Mellor videoconto 1º ciclo: Lucía Rodríguez (2º). Conto: “Una princesa diferente. La princesa pirata”

 

Mellor videoconto 2º ciclo: Lucía Varela (4º). Conto: “Blancanieves y los siete enanitos”

Mellor videoconto 3º ciclo: Eloy Bravo (6º). Conto: “ El monstruo de colores”

 

Mañá venres publicaremos os gañadores de videocontos en galego e o sábado a categoría de parellas.

Accedede  a Drive no seguinte enlace para poder desfrutar de todos os demais traballos presentados.

https://drive.google.com/drive/folders/11lNibqIMU52VUSpysEwoGf0WbF0exD1M?usp=sharing

 

Gañadores da categoría videocontos en galego:

 

 Mellor videoconto Educación infantil: Lucía Iglesias. Conto "O polo Pepe"

 

Mellor videoconto 1º ciclo: Saul Moldes. Conto: "Filipo e Leo"

 

 

Mellor videoconto 2º ciclo: Rita Rodríguez. Conto: "O señor Ramón e a señora Ramona".

 

Mellor videoconto 3º ciclo: Celia Amoedo. Conto: "A cola de dragón"

 

 

 Gañadores da categoría videocontos en parella:

Mellor videoconto en parella 1º ciclo: Pepe e Mencía. Conto: "Los tres cerditos"

 

Mellor videoconto en parella 2º ciclo: Estela e Manuel. Conto: "Os pitiños"

 

Mellor video conto en parella 3º ciclo: Carla e Nico. Conto: Quen vén esta noite?

 

 

Parabéns a tod@s, nenos, nenas e familias colaboradoras!

Como non poderá haber entrega de premios presencial e non queremos esperar a setembro, cada un levará o seu agasallo cando veña recoller o material ao colexio. Un profe ou Sonia estarán pendentes de entregárvolos a TODOS os participantes.

 

Ata pronto!

Mouchán

VIDEOCONTOS DENDE A CASA. ÚLTIMA ENTREGA: INGLÉS E FRANCÉS

 Pechan esta sección as mestras de liguas estranxeiras: Vanessa (francés) e a auxiliar de conversa, Alicia (inglés) con dous contos infantís ben coñecidos por todos. Prestade especial atención!

Esperamos que os desfrutedes.

Grazas ao profesorado participante nesta actividade, que puxeron toda a súa arte e agarimo para vós. 

VIDEOCONTOS DENDE A CASA. TERCEIRA ENTREGA.

Seguimos con máis contos para todas as idades. Ide tomando nota, que agora chega o voso turno. Espero que algún de vós xa puxera mans á obra para o participar no concurso. O prazo remata o vindeiro luns 25 de maio. Tedes todas as instruccións nesta mesma páxina.

Agora desfrutade dos contos que vos deixan a profe Noela, de infantil e máis a profe Vanessa.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut