Skip to Content

MATERIAL PARA O CURSO 2021-2022

Nos documentos adxuntos poden consultar ou descargar as listaxes de material que deberá adquirir o alumnado dos diferentes niveis para o presente curso 2021-2022.

Se teñen algunha dúbida consulten co profesorado titor.

O NOSO COLE RESULTOU GAÑADOR DO II CONCURSO DE PODCASTS RADIO NA BIBLIO

O noso cole gañou o premio no II Concurso de Podcasts- Radio na Biblio cun podcast creado con motivo da visita do escritor Antonio García Teijeiro. Fíxose un traballo previo importante  a ese día  desde as diferentes áreas para coñecer, por unha banda, a este autor, a súa obra... e, pola outra, a elaboración dun programa de radio dentro do noso proxecto relacionado cos medios de comunicación. 

Nesta ocasión, os encargados de entrevistar na nosa radio a Antonio García Teijeiro foron Saúl, Breixo e Lucía. Dámoslles a noraboa a todos.

Podes volver a escoitar o podcast no seguinte enlace da nosa canle de Ivoox.

https://www.ivoox.com/antonio-garcia-teijeiro-radio-chans-audios-mp3_rf_57581618_1.html

 

HORARIOS 2024-2025

Nos seguintes documentos adxuntos poderán visualizar e/ou descargar os horarios dos grupos para o presente curso 

GUÍA PROTOCOLO COVID-19

Premer no adxunto para visualizar a guía/resumo do protocolo COVID-19 da Xunta de Galicia.

Modelo enquisa autoevaluación

No documento adxunto preséntase un resumo do protocolo COVID-19 a disposición de toda a comunidade escolar. Na última folla teñen á súa disposición un modelo de enquisa de autoavaliación clínica para identificar síntomas compatibles coa enfermidade.

Avisos de centro

Os cheques de material e libros poderán recollerse a partir do 1 de setembro en conserxería de 09:00h a 14:00h. Non se permitirá o acceso ao centro sen mascarilla.

Comunícase tamén que se realizarán reunións de centro antes do inicio das clases para informar das novas dinámicas do centro e dar a coñecer o protocolo COVID adaptado ao centro.

Darase aviso a través da páxina web e AbalarMobil e levaranse a cabo nas datas máis próximas ao inicio do curso escolar en previsión de posibles modificacións nas instrucións recibidas dende o Ministerio e a Consellería segundo evolucione a situación estes días.

Lémbrase tamén a importancia de manter todas as precaucións posibles para evitar que os rapaces estean expostos a riscos innecesarios fóra do ámbito escolar que poidan contribuír ao aumento de contaxios, facendo fincapé na necesidade de manter a distancia social, o uso da mascarilla e o lavado de mans.

Para máis información poden consultar o protocolo establecido pola consellería na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/31579

 

As familias que desexen solicitar o servizo de comedor para este curso 2020-2021 deberán comunicalo a través do correo calidad@arelas.es ou no teléfono 986408151.

 

Un saúdo

 

Listaxe definitiva fondolibros

Poden consultar a listaxe definitiva de solicitude de libros na aplicación fondolibros https://www.edu.xunta.es/fondolibros/PaxinaInicio.action no menú "cidadán".

O reparto das existencias farase durante os primeiros días de clase en setembro a través dos titores.

Asimesmo, poderán recoller os cheques de material a partir do mércores 2 de setembro en horario de 09:00 a 14:00h.

Durante o mes de xullo atenderanse as urxencias a través do correo electrónico do centro.

 

Un saúdo e bo verán

Publicación listaxe provisional fondolibros

Infórmase da publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas para acceder ao fondo solidario de libros do vindeiro curso 2020-21. Debido ao establecido na Lei de protección de datos non se publicarán as listaxes no tabolerio do centro, pero poden consultar a información accedendo á aplicación da Xunta Fondolibros, no menú "cidadáns".

O prazo de reclamacións finaliza o luns 6 de xullo e a poderán consultar a listaxe definitiva o martes 7 de xullo se non hai ningún contratempo.

O reparto dos libros do fondo farase en setembro cando os alumnos inicien as clases.

Os cheques de material repartiranse a partir do 1 de setembro en horario de 09:00h a 14:00h. Para acceder ao centro será necesario o uso de mascarilla.

 

Un saúdo

 

Modificación materia optativa

As familias que desexen MODIFICAR  a materia de Relixión pola de Valores Sociais e Cívicos e viceversa deberán comunicalo ao email do centro antes do venres 26 de xuño. Grazas.

Quendas para devolución libros e recollida de material

Infórmase das quendas para que as familias poidan recoller o material do alumnado que solicitaron e para a devolución dos libros de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria do fondo de libros solidario.

As familias agardarán no exterior do centro mantendo a distancia de seguridade e con mascarilla a que sexan chamados para recoller o material e devolver os libros. Por motivos de seguridade non se atenderá fóra dese horario.

Martes 2 de xuño

09.30h -10.30h: E. Infantil

10.30h - 11.30h: 1º curso EP

11.30h- 12.30h: 2º curso EP

12.30h- 13.30h 3º curso EP

 

Mércores 3 de xuño

09.30h -10.30h: 4º curso EP

10.30h - 11.30h: 5º curso EP

11.30h- 12.30h: 6º curso EP

 

Xoves 4 de xuño para familias que non puidesen asistir os días anteriores e con cita previa: de 09.30h -10.30h

Lémbraselles que se non se efectúa a devolución dos libros non poderán acceder ao fondo solidario do vindeiro curso.

Un saúdo

 

Distribuir contido


by Dr. Radut