Nos dous archivos adxuntos tedes as tarefas para esta semana. NON VOS ESQUEZADES DE SEGUIR LENDO TODOS OS DÍAS!!
Revisade tamén os blogues dos especialistas para ver as actividades que vos propoñen para esta semana.
Tedes tamén na páxina principal desta páxina web a montaxe de vídeo para conmemorar o Dia das Letras Galegas con todas as mensaxes de ánimo que nos enviáchedes. Esperamos que vos guste moito!
Tamén tedes na páxina principal un concurso que propón o Equipo da biblioteca que consiste na gravación dun videoconto igual que estamos a facer os mestres. Haberá premios para os mellores e agasallos para todos os que participen. Animádevos!!!
Déixovos uns enlaces a uns videos para repasar os contidos desta semana que seguro recordaredes da clase.
Esta semana propóñovos un novo reto. Trátase dunha actividade para traballar e mellorar a atención visual e podedes xogar con toda a familia. En cada nivel tedes 15 segundos para atopar a imaxe que sexa diferente ás demáis. A ver cantos niveis sodes quen de superar?
Esta semana conmemoramos o Día das Letras Galegas. Este ano esta adicado ao Ricardo Carballo Calero.
Aquí vos deixo uns enlaces cuns xogos para traballar a vida e a obra do homenaxeado. Tamén vos deixo nos archivos adxuntos unhas fichas por si preferides traballalo en formato papel. Podedes escoller a opción que prefirades pero só unha delas. Ademais tamén están as fichas que me debedes enviar esta semana.
Os enlaces para as actividades online das Letras Galegas son os seguintes:
Aquí tedes as tarefas para esta semana. NON VOS OLVIDEDES DE LER UN POUQUIÑO CADA DIA!!
Tamén tedes na páxina principal da web do centro unha actividade moi interesante para celebrar dunha maneira orixinal o Día das Letras Galegas e que lles vai gustar moito aos nen@s.
Animádevos a participar!!
Accedede tamén aos blogues dos especialistas (inglés, música, educación física, relixión,... ) para ver as tarefas que vos propoñen cada un deles para esta semana.
Nos archivos adxuntos están as fichas de cada unha das áreas e as que quero que me enviedes ao correo ao rematar a semana.
A continuación deixo algún enlace a vídeos explicativos para repasar algúns contidos das fichas.
MATEMÁTICAS:
Aquí tedes dous videos para repasar as moedas e os billetes:
IMPORTANTE: Non vos esquezades de ler todos os dÍas un pouquiño!!
MATEMÁTICAS:
1.- Recordades a casiña das familias dos números que temos na clase? Esta semana imos traballar a familia do 80. Completade a casiña e facede as fichas que vos propoño para repasar.
2.-- Aquí vos deixo un vídeo para explicar as sumas levando tal e como as explicariamos na clase e algunha ficha para que as practiquedes.
1.- Aquí tedes un vídeo cunha explicación das partes dunha planta. Facede despois a ficha adxunta.
Propóñovos a traves deste vídeo un experimento que podedes facer nas vosas casas para observar o proceso da xerminación das lentellas. En lugar dunha servilleta podedes utilizar algodón e o bote pode ser un envase de iogur.
2.-Facede tamén a ficha de repaso do tempo e das estacións do ano.
LINGUA CASTELÁN E GALEGA:
1.- Facemos as fichas que aparecen no archivo adxunto.
No archivo adxunto ademáis das fichas a realizar tamén vos indico as tarefas que quero que me enviedes ao longo da semana para levar un seguimento dos alumnos.
Lembrade tamén acceder aos respectivos blogues dos mestres especialistas para ver as actividades que vos propoñen cada un deles. Tedes tamén na páxina principal da web do centro unha actividade moi divertida para conmemorar os maios. Animádevos a participar nela!!
Como cada luns remito as actividades a realizar durante esta semana. Os que non remataron as tarefas da semana anterior que as rematen. Ademais nos dous archivos adxuntos van unhas fichas para que fagades ao longo desta semana e as enviedes ao meu e-mail escaneadas ou facendo unha foto co móbil. Con calma e sen agobios. Cada un ao seu ritmo. Calquera dúbida podedes consultarma sen problema polas canles que xa coñecedes.
Algo moi importante: NON VOS ESQUEZADES DE LER UN POUQUIÑO CADA DIA.
Como parte lúdica para esta semana aquí tedes un video con xogos de axilidade mental que podedes facer na casa. Espero que disfrutedes e que vos resulte divertido.
Tedes novidades de música e plástica no blog: musicanaschans.blogspot.com. Para que vos sexa máis cómodo e non vos liedes co dos outros cursos, facede clic en etiquetas onde pon "1º PRIMARIA" e xa vos sae todo o de 1º.
A mestra de Relixión subirá tamén á paxina web algunha actividade moi sinxela. Por abalar facilitareivos o seu correo para que lle podades enviar os traballos tamen a ela. Podedes acceder dende a páxina web do centro no apartado Departamentos e ciclos- Relixión.
Revisade tamén os blogues do resto de mestres especialistas para acceder as súas correspondentes tarefas para esta semana.
Informarvos tamén que existe a plataforma Galiciale de empréstito de libros electrónicos das bibliotecas públicas galegas que permite rexistrarse durante o confinamento e acceder ao empréstito de libros, contos, películas para os nenos. Podedes acceder dende a seguinte dirección:
O Equipo de Biblioteca por mor da conmemoración do “Día do Libro” (23 de abril) propón, de maneira voluntaria e opcional para todos aqueles que queirades, unha actividade: consiste en que fagades unha foto ou un video co libro que estedes lendo ou ben dalgún que vos guste especialmente e logo reenviala ó correo notificado por AbalarMóbil no prazo indicado (22 de abril). Logo realizarase unha montaxe con todas aquelas fotos ou vídeos recibidos.
Seguindo as recomendacións da Consellería de Educación e á espera de novas instruccións, o terceiro trimestre será de repaso e reforzo dos dous trimestres anteriores. A ensinanza continuará a ser como ata o momento, por medio da páxina web, de videos e de archivos adxuntos coas fichas ou actividades a realizar.
Tratarei de propoñer actividades que combinen a parte académica (fichas) coa parte lúdica (xogos e actividades máis motivadoras para os nen@s) para facerlles máis levadeiro este confinamento. Os mestres especialistas (inglés, música, plástica e educación física) seguirán publicando nos seus respectivos blogues as actividades da súas áreas.
En canto ás fichas e traballos a realizar colgaranse na páxina web semanalmente (os luns) e pedirei, coa finalidade de levar un seguimento do alumnado, que algunha ma enviedes por e-mail, ben en foto ou video. Calquera dúbida podedes consultala polas canles que xa coñecedes (e-mail, abalar).
Por outra parte, rogaría ás familias que si existe algunha circunstancia que impida seguir este tipo de ensinanza mo fagades chegar por medio do e-mail para tratar de buscar a mellor solución posible. Refírome a circunstancias do tipo: non temos internet na casa, non podo enviar por e-mail os traballos, non teño impresora para poder imprimilos, etc... ou calquera outra que se vos ocorra.
Aqui vos deixo as tarefas para os vindeiros 15 dias (ata o o venres 24 de abril). Calquera dúbida podedes consultala polas canles que xa coñecedes. Non vos olvidedes tamén de ler todos os días un pouquiño. Revisade tamán os blogues dos mestres especialistas para colsultar as actividades que vos están propoñendo tamén para estes días.
MATEMÁTICAS: UNIDAD 9 Y 10.
- El reloj analógico.(Tema 9). Pag. 120, 121. Lemos a explicación e facemos os exercicios. Facemos tamén os exercicios do reloxo de repaso da unidade 9 na pax. 123 ( exercicios 5 e 6).
- El reloj digital. Pag. 132, 133. Aquí tedes o enlace a un video que explica os reloxos analóxicos e dixitais tal e como llos ía explicar eu na aula. Espero que vos sirva de axuda.
- Tarea: Visita al Museo del ferrocarril. Pag. 136,137.
- Repaso trimestral. Pag. 138, 139.
NOTA: Se queredes podedes facerlle vos os ditados de números aos vosos fillos que aparecen nos libros. No caso do tema 9 ditarlle números ata o 69 e no caso do tema 10 ata o 79.
XUNTOS: UNIDAD 10.
- Obradoiro de escritura. Estudo da lingua. Pax. 104, 105.
- É de día. O sol. É de noite. A lúa e as estrelas. Pax. 106, 107. Lemos a explicación e facemos as tarefas.
- Falo e escribo. Pax. 108, 109.
- Tarefa: As nosas árbores. Pax. 110, 111.
- Repaso da unidade 10. Pax. 112, 113.
- Repaso trimestral. Pax. 114, 115, 116, 117.
ESTRELAMAR:
- Leo y comprendo. Pag. 34, 35.
- La R. Pag. 36, 37.
- El singular y el plural. Pag. 38, 39.
- Leo y comprendo. Pag. 40, 41.
- El sonido R. Palabras con mp. Pag. 42, 43.
- El sustantivo y el adjetivo. Pag. 44, 45.
- Repaso trimestral. Pag. 46, 47.
Tamén vos envio nos archivos adxuntos as fichas de reforzo e ampliación de matemáticas e de Xuntos e unhas fichas de repaso de ciencias sociais e naturais para que as fagades ao rematar as tarefas dos libros.
Como xa sabedes a vindeira semana son as vacacións de semana santa. Este ano van a ser unhas vacacións un tanto diferentes xa que imos continuar confinados nas nosas casas. Durante esta semana non haberá actividades académicas por parte dos mestres. Pola miña parte, ademais de rematar as actividades propostas para esta semana, podedes acceder a todas as actividades interactivas colgadas durante estes dias e practicar contidos de forma máis lúdica e divertida.
Os mestres especialistas en cada un dos seus blogues tamén están a propoñer actividades lúdicas para esta semana.
Calquera dúbida sabedes que estou a vosa disposición para resolvelas en calquera momento polas canles que xa coñecedes tod@s.