Skip to Content

Novas

MATERIAL PARA O CURSO 2023-2024

Poden consultar ou descargar as listaxes de material para cada curso no documento PDF adxunto.

Novas inicio de curso 2023-2024

Infórmase de que o día 11 de setembro comezarán as clases en horario extraordinario de 09:00h a 13:00h.

Ese día haberá servicio de transporte escolar adaptado a este horario para o alumnado usuario.

Por outra banda, recórdase que o venres 8 de setembro ás 12:30h terá lugar a reunión para as familias de E. Infantil coas titoras. As reunións para o resto de grupos realizaranse no mes de outubro despois das avaliacións iniciais e darase aviso por este medio.

HORARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN

11, 12 E 13 de setembro de 09:00 a 11:00h

14 e 15 de setembro de 09:00 a 12:30h

As familias que soliciten a atención a tempo completo deberán cumprimentar unha circular que deberán solicitar no centro.

Bo inicio de curso a todos.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

No documento adxunto poden consultar e descargar as listaxes de libros de texto para o vindeiro curso

APERTURA PRAZO FONDO LIBROS E MATERIAL PRIMARIA PARA O CURSO 2023-2024

Infórmase da apertura do prazo para solicitar axudas para adquirir libros de texto nos cursos de 1º e 2º de E. Primaria, a participación no fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria e para a adquisición de material escolar para a etapa de E. Primaria.

Poderán presentar as solicitudes dende o 20 de maio ata o 21 de xuño de forma presencial adxuntando o impreso ED330B, que poden descargar no arquivo anexo, ou ben vía electrónica na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para calquera aclaración poden consultar a convocatoria co DOG Orde do 10 de maio de 2023  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto, ou ben dirixirse ao centro escolar.

RETOMAMOS AS ANDAINAS

Esta semana retomaremos as andainas pola contorna do río Umia.

O proxecto de centro "Quilómetros de saúde" comenzou xa hai algúns anos co obxectivo de fomentar a actividade física e combater o sedentarismo, ao tempo que coñecemos unha parte da variante espiritual do camiño de Santiago e recibimos moita información sobre a nosa contorna.

É recomendable que os días de andaina traian a vestimenta axeitada: chándal e zapatillas de deporte, ademáis de gorra para os días máis solleiros, nos que tamén deben traer crema solar e auga.

No seguinte cadro poderán consultar os días que sairán cada un dos grupos, agás cambios de última hora por mor do tempo ou calquera outra circunstancia que o centro considere.

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024/25

Desde o 1 ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso 2024/25 para todo o alumnado de nova incorporación ao centro.

Os trámites poderán realizarse vía telemática na aplicación informática no PORTAL EDUCATIVO ou tamén poden presentala no centro de forma presencial, descargando o impreso de admisión de alumnado ao que poden acceder nesa mesma aplicación.

 

FASE DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS DE ADSCRICIÓN

 

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitude abranguerá do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

II CONCURSO "UGLY SWEATER"

O CEIP Plurilingüe San Bartolomé celebra o seu II Concurso Ugly Sweater. Desta volta estades todos e todas convidados a participar! Así que, dende o centro animamos á comunidade educativa a participar e facer bonitos eses xerseis navideños!

O concurso será o día 22 de decembro. Ás 11:45 será o desfile das familias ensinando as seus marabillosos xerseis, e ás 12:45, tralo festival de panxoliñas, será a entrega de premios.
Agardámosvos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut