Skip to Content

ENTROIDO 2024

O vindeiro día 9 DE FEBREIRO imos levar a cabo a celebración do Entroido na escola. 

Este curso romperemos coa tónica habitual dos últimos anos nos que a temática dos disfraces versaba sobre o PDI do centro. Nesta ocasión imos realizar un Concurso Libre de Disfraces para o que establecemos 4 categorías e un premio especial.

DISFRACE INDIVIDUAL

DISFRACE PARELLAS

DISFRACE GRUPAL (3 ou máis participantes)

DISFRACE FAMILIAR (mínimo un alumno/a e un familiar)

- *PREMIO ESPECIAL: DISFRACE ECOLÓXICO (realizado con materiais reciclados).

       Para participar é necesario desfilar ante o público asistente e valorarase moi positivamente a realización dun baile, coreografía ou calquera outro tipo de actuación que favoreza a caracterización do disfrace ou que anime o concurso.

As inscricións realizaranse na conserxería ata o día 6 de FEBREIRO indicando o nome do participante e/ou grupo, modalidade e canción coa que van concursar.

Só se poderán anotar nunha única modalidade.

O premio especial ECOLÓXICO será para aquel disfrace ou disfraces que se elaboren con materiais xa usados ou tomados do medio natural.

O xurado estará composto por unha mestra, un mestre, un pai, unha nai e a conserxe da escola.

Tamén se lles solicita ás familias que nesta xornada os nenos e nenas traian doces típicos do entroido (filloas, orellas, flores etc. ) para compartir durante a festa posterior ao concurso de disfraces.

 O horario previsto para o comezo do desfile é ás 11:00 horas podendo sufrir modificación en función do número de participantes no concurso. 

ADMISIÓN A CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 2024-2025

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

III CONCURSO UGLY SWEATER

Un ano máis celebramos o concurso de xerséis de nadal. Toda a comunidade educativa está convidada a participar.  Haberá premios para os máis divertidos e orixinais.

Esperámosvos o vindeiro día 21 de decembro!

MATERIAL PARA O CURSO 2023-2024

Poden consultar ou descargar as listaxes de material para cada curso no documento PDF adxunto.

Novas inicio de curso 2023-2024

Infórmase de que o día 11 de setembro comezarán as clases en horario extraordinario de 09:00h a 13:00h.

Ese día haberá servicio de transporte escolar adaptado a este horario para o alumnado usuario.

Por outra banda, recórdase que o venres 8 de setembro ás 12:30h terá lugar a reunión para as familias de E. Infantil coas titoras. As reunións para o resto de grupos realizaranse no mes de outubro despois das avaliacións iniciais e darase aviso por este medio.

HORARIO PERÍODO DE ADAPTACIÓN

11, 12 E 13 de setembro de 09:00 a 11:00h

14 e 15 de setembro de 09:00 a 12:30h

As familias que soliciten a atención a tempo completo deberán cumprimentar unha circular que deberán solicitar no centro.

Bo inicio de curso a todos.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

No documento adxunto poden consultar e descargar as listaxes de libros de texto para o vindeiro curso

APERTURA PRAZO FONDO LIBROS E MATERIAL PRIMARIA PARA O CURSO 2023-2024

Infórmase da apertura do prazo para solicitar axudas para adquirir libros de texto nos cursos de 1º e 2º de E. Primaria, a participación no fondo solidario de libros de texto para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de E. Primaria e para a adquisición de material escolar para a etapa de E. Primaria.

Poderán presentar as solicitudes dende o 20 de maio ata o 21 de xuño de forma presencial adxuntando o impreso ED330B, que poden descargar no arquivo anexo, ou ben vía electrónica na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para calquera aclaración poden consultar a convocatoria co DOG Orde do 10 de maio de 2023  pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto, ou ben dirixirse ao centro escolar.

RETOMAMOS AS ANDAINAS

Esta semana retomaremos as andainas pola contorna do río Umia.

O proxecto de centro "Quilómetros de saúde" comenzou xa hai algúns anos co obxectivo de fomentar a actividade física e combater o sedentarismo, ao tempo que coñecemos unha parte da variante espiritual do camiño de Santiago e recibimos moita información sobre a nosa contorna.

É recomendable que os días de andaina traian a vestimenta axeitada: chándal e zapatillas de deporte, ademáis de gorra para os días máis solleiros, nos que tamén deben traer crema solar e auga.

No seguinte cadro poderán consultar os días que sairán cada un dos grupos, agás cambios de última hora por mor do tempo ou calquera outra circunstancia que o centro considere.

Distribuir contido


by Dr. Radut