Skip to Content

blogue decosta

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA 1 DE MAIO

Aquí vos deixo as solucións semanais. Recordade envialos despois de correxidos.

Mar

 

 

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA 24 DE ABRIL

No arquivo adxunto mando as solución das actividades da semana, comprobade as vosas respostas. 

Unha vez que estean correxidos  debedes enviarmos, ben sexa escaneados ou mediante unha foto.

IMPORTANTE: Revisade tamén os blogs dos especialistas. Están todos os enlaces nesta mesma páxina en departamentos e ciclos.

Comunicádevos urxentemente, os que non o fixestes ata o momento, nesta fin de semana coa mestra de inglés a través do e-mail: costa@edu.xunta.es.

Un saúdo

Mar

 

MATERIAIS

BANCO DE RECURSOS DE INGLÉS PRIMARIA

Neste apartado atópanse distintos documentos en formato PDF, para imprimir máis cómodamente se fora preciso. Pero non as impriman se non teñen instruccións concretas ao respecto. Este é un banco de recursos onde irán aparecendo mesturadas distintas actividade de tódolos cursos.

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA 17 DE ABRIL

Aquí vos deixo as solucións semanais. Ademais decirvos que desde a biblioteca gustaríanos conmemorar o Dia do libro que se celebra o próximo 23 de abril. Para isto precisamos da vosa colaboración. Aqueles que queirades participar debedes de sacar e enviar unha foto ( ao meu whatsapp ou correo electrónico) cun libro lido recentemente ou que vos gustase moito ( dos que tendes na casa). O obxectivo é facer unha montaxe coas vosas fotos para publicar nos medios de comunicación do centro (Instagram, blog biblioteca e blog centro).

Animádevos, seguro que vos fai ilusión ver aos compañeiros.
Un abrazo.

 

Mar 

ACTIVIDADES PARA 5º CURSO, SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

Ola rapaces
Continuamos co traballo a distancia, despois deste descanso de Pascua. Deixovos nos adxuntos indicacións para a semana. Xa sabedes que o venres subirei as solucións para que as corrixades. Non é preciso nesta ocasión que enviedes nada, pero sí que cando as corrixades me enviedes as dúbidas que teñades.

SOLUCIÓN ÁS ACTIVIDADES 5º PRIMARIA DO 30 DE MARZO

Bo día,

Déixovos as solucións ás actividades desta semana no documento adxunto. Se tedes algunha dúbida podedes contactar conmigo polos medios de sempre.

Durante a Semana Santa acordamos non enviar máis tarefas. Quedan colgadas na web xogos  educativos nos distintos  blogs que podedes ir vendo se vos aburrides moito. O día 14 voltaremos con traballo a distancia, se a situación non cambia.

BICOS

Mar

 

ACTIVIDADES PARA 5º CURSO, SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Bo día a todos,

Comezamos a semana e, como xa vos adiantamos nesta páxina, os luns faremos unhas suxerencias de traballo para toda a semana que vós podedes repartir como mellor vos vaia. Trátase de que fagades todos os días un pouquiño e non esquecer o que levamos aprendido ata o momento. Cada un ten as súas circunstancias persoais e non quixera que vos agobiedes se non sodes capaces ou non tedes posibilidade de conexión. Ide facendo o que poidades.

Abride o documento adxunto que está a continuación.

Unha aperta

Xa nos queda menos.                                                

 

Mar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut