Alimentación saudable

O azucre que agochan os alimentos infantís

Pinchade na imaxe.

 

O exceso de azucre na dieta infantil pode levar consigo problemas que afectan o metabolismo, o corazón, os dentes e mesmo no rendemento escolar da crianza. Aquí tedes só algúns dos problemas derivados do exceso de azucre na dieta infantil:

 1. Aumenta o colesterol e os  triglicéridos.

2. Provoca obesidade porque incrementa a achega  calórica. A obesidade infantil é o principal problema que afecta ás crianzas de países desenvolvidos. De feito, a OMS (Organización Mundial da Saúde)  declarouna hai tempo como epidemia entre a poboación mundial. A obesidade á súa vez conleva moitos outros trastornos, como os problemas de corazón.

3. Pode ocasionar diabetes, a segunda enfermidade crónica máis común na infancia.

4. Non ten ningún valor nutricional xa que carece de vitaminas e minerais o que favorece unha dieta pouco saudable quitando a fame e reducindo a inxesta doutros alimentos.

5. Sobe a presión arterial. Isto, indubidablemente, afecta directamente o corazón.

6. Pode provocar dano  pancreático.

7. Favorece a aparición de caries dentais. O consumo excesivo de azucre é unha das principais causas de caries en crianzas cada vez máis pequenas.

8. Hiperactividade, ansiedade e depresión.

9. Falta de concentración. Por tanto, causa tamén de baixo rendemento escolar. 

10. Enfermidades cardíacas.

Cristina González Hernando. Redactora de  Guiainfantil. com

 

Declaramos os venres "Día da Froita"

Queridas familias: Este curso imos comezar a desenvolver actividades relacionadas coa promoción de hábitos e estilos de vida saudable. O noso primeiro paso é declarar o venres como "Día da froita". Ese día cada crianza debe escoller a súa froita favorita para traela como merenda de media mañá.

Poderán ser pezas enteiras ou macedonias en taper. Pregámosvos que non lles mandedes nin zumes nin batidos de froita porque adoitan ter azucre engadido e contribúen ao aumento do risco de obesidade, caries e diabetes tipo 2.

 

Pinchade na foto

 

 

Charla sobre agricultura ecolóxica dentro do Plan Poxecta

27/05/2019 13:10
Europe/Madrid

Pinchade na imaxe

Hoxe tocou presentar os nosos carteis de promoción da vida saudable

 

Pincha na imaxe para que empece o desfile.

Álbum: Curso 17-18 -> Consellos Vida Saudable
Distribuir contido