Uso responsable das TIC, Vivimos en comunidade, Autoconfianza, Relacións cos demais, Coeducación, Consumo Responsable, Crianzas coma nós, Educación Vial, Prevención da violencia de xénero, Construimos igualdade, Contigo contra o acoso escolar, De maior podo ser...
Antes de ser publicadas, a maioría das fotos que saen en prensa e TV sufren algún retoque dixital. Botádelle unha ollada con calma a estes videos e tede en conta, cando teñades a tentación de comparavos con elas/es, que vós sodes auténticas/os... elas/es xa vedes que non.
Este venres rematan os obradoiros sobre corresponsabilidade no fogar organizados polo concello de Oia en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
Nestes días reflexionamos sobre moitos temas e aprendemos moitas máis cousas pero sobre todo démonos conta da cantidade de cousas que xa sabiamos facer e de que estamos listos e listas para ir aos poucos adquirindo responsabilidades dentro da nosa familia e non so por axudar, senón porque formamos parte dun equipo e para que funcione todo o mundo ten que contribuír.
Moitísimas grazas a Estela a monitora da actividade que soubo converter os obradoiros en experiencias divertidas, interesantes e sobre todo participativas.
Aquí nos tedes tendendo a roupa despois de saír da "lavadora".
O 20 de novembro é un día importante para a infancia por varias razóns. Celébrase o Día Internacional das Crianzas, desde 1954, pero ademais é o Aniversario da Declaración Universal de Dereitos das Crianzas, que se produciu en 1959. E ese día en 1989 aprobouse a Convención dos Dereitos das Crianzas, o máis universal dos tratados internacionais. A Convención dos Dereitos das Crianzas establece unha serie de dereitos, incluídos os relativos á vida, a saúde, a educación, e o dereito para xogar, á vida familiar, a estar protexidos da violencia, a non ser discriminados e a que se escoiten as súas opinións.
EN SUS ZAPATOS, unha serie de vídeos para abrir a mente, cuestionar crenzas e entender mellor o mundo dos nenos e as nenas.
Normalmente atopámonos con crianzas que presentan algunhas das seguintes características ou factores de risco:
Ten unha autoestima baixa ou pobre.
Posúe poucas ou escasas habilidades sociais.
É pouco popular na escola.
Pode ter algún tipo de discapacidade física ou psíquica, que a/o fai vulnerable ou débil.
Presenta características persoais distintas ás dominantes: obesidade, miopía, unha forma de vestir diferente, falta de hixiene...
Pertence a grupos étnicos ou culturais minoritarios.
Perfil do/a acosador/a:
A crianza que realiza as accións agresivas, que maltrata e acosa a algún/ha compañeiro/a de clase, polo xeral é un neno ou nena que adoita presentar algunha, varias ou moitas destas características:
Provén dunha familia desestructurada ou que está a atravesar unha situación estresante, como un divorcio, a morte dun dos proxenitores ou un familiar moi querido.
Teñen proxenitores con estilos educativos inadecuados, xa sexa por autoritarismo, permisividade, neglixencia, incoherencia, inatención, …
Adoitan ser nenos ou nenas fortes fisicamente que necesitan dominar, ter poder e sentirse superiores.
Adoitan ser impulsivas/os.
Adoitan ser desafiantes e agresivas/os coas persoas adultas.
Teñen baixa tolerancia á frustración.
Teñen comportamentos antisociais temperáns.
Presentan escasa empatía ou incapacidade para percibir a dor allea.
Son egocéntricas/os.
Teñen unha actitude negativa cara a escola.
Adoitan ser crianzas con fracaso escolar.
Poden ter sido vítimas de malos tratos domésticos ou acoso escolar.
Perfil dos/as espectadores/as pasivos/as:
A) Alumnado: As características que definen a estas crianzas adoitan ser as seguintes:
Toleran os malos tratos e se inhiben sistematicamente cando se producen.
Son conscientes dos malos tratos.
Coñecen as circunstancias, ao/á maltratador/a, á vítima, onde ten lugar, … pero calan.
Poida que colaboren no acoso gravando as agresións, ignorando ou illando aínda máis á vítima.
B) Profesorado e familias: Con frecuencia ambos non damos importancia aos sinais de alerta. Non actuamos ou nos inhibimos ante a resolución do conflito porque son "cousas de nenos". Na nosa man está cambialo.