Uso responsable das TIC, Vivimos en comunidade, Autoconfianza, Relacións cos demais, Coeducación, Consumo Responsable, Crianzas coma nós, Educación Vial, Prevención da violencia de xénero, Construimos igualdade, Contigo contra o acoso escolar, De maior podo ser...
"Sensibilizar, concienciar, chamar a atención, sinalar que existe un problema sen resolver, un asunto importante e pendente nas sociedades para que, a través desa sensibilización, os gobernos e os estados actúen e tomen medidas ou para que a cidadanía así o esixa ás/aos súas/seus representantes."
Hoxe queremos poñer o noso pequeniño gran de area e sumarnos a unha reivindicación tan importante como é a do cese de calquera tipo de violencia contra as mulleres. Se pinchades na imaxe e a descargades poderedes usala para confeccionar pegatinas ou chapas nas que as crianzas podan escribir ao voso carón palabras de esperanza para o seu futuro.
A dor, as ganas de fuxir e non poder. O medo, a angustia, a soidade, o propósito. O arrepentimento ficticio e o perdón malentendido... Todo condensado nunha interpretación que se asemella bastante á realidade.