21M Xornada de iniciación ao atletismo en pista para o alumnado de 5º de Primaria

in
21/05/2019 11:04
Europe/Madrid

O Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra está a desenvolver, dentro do programa XOGADE, unhas xornadas de iniciación ao Atletismo en Pista, para o alumnado de 5º de Primaria. Trátase dunha actividade inclusiva e participativa, deseñada de maneira que participa todo o alumnado de 5º, independentemente da súa idade e da súa capacidade física.

Desenvólvese en dúas fases:

-Na primeira recibimos a visita do técnico na zona, que lle deu unha visión xeral ao alumnado sobre que é o Atletismo en Pista, e lles explicou as probas nas que van participar.

-Na segunda que vai ser o martes 21 de maio o alumnado da zona participará nunha concentración en Vigo, en horario lectivo e de balde, nas pistas de atletismo da Universidade de Vigo. O desprazamento farase nun autobús que recollerá ás crianzas participantes e ao profesorado acompañante nos seus centros escolares.