Fenda dixital
Sáb, 01/10/2022 - 18:06 — varelaesmoris
Como xa sabedes o centro foi seleccionado pola Consellería de Educación para participar no Proxecto de Polos Creativos. Isto suporá unha mellora nas instalacións do centro e por suposto na dotación de material dixital e tecnolóxico para o alumnado e a súa formación.
Dentro do proxecto presentado polo centro, inclúense unha serie de sesións que están destinadas ás familias. O pasado martes celebrouse a primeira.
Contamos cunha primeira parte, na que se falou da aplicación Abalar e o seu funcionamento. Fou unha charla curta e sinxela onde as familias puideron resolver as súas dúbidas sobre enviar e recibir mensaxes, mirar as notas, xustificar as faltas ou pedir unha titoría.
A segunda parte da formación foi impartida polo asesor de AMTEGA, "Harold" no que nos dou a coñecer o formato de ensino E-Dixgal e o seu funcionamento.
Unha xornada agradable de información, charla e resolución de dúbidas.
CONTINUARÁ...