Recomendámosvos a lectura da novela "Sostiene Pereira", do recentemente falecido Antonio Tabucchi, candidato en varias ocasións ao Premio Nobel e ao Príncipe de Asturias.
Conta a historia dun vello xornalista no Portugal da dictadura de Salazar que entra en contacto cun mozo, Monteiro Rossi, con quen establecerá unha intensa relación que o fará preguntarse sobre a necesidade de loitar pola xustiza ou pola vida; así como polo verdadeiro papel da prensa ao servizo do silencio ou da verdade.