Impresión 3D
Unha impresora 3D é unha máquina capaz de imprimir figuras con volume a partir dun deseño feito por ordenador. Con volume quere dicir que ten ancho, longo e alto.
Unha impresora 3D o que realmente fai é producir un deseño 3D creado co ordenador nun modelo 3D físico (real). É dicir, si deseñamos no noso ordenador, por exemplo, unha simple cunca de café por medio de calquera programa , poderemos imprimila na realidade por medio da impresora 3D e obter un produto físico que sería a propia cunca de café.
Unha impresora 3D é algo máxico, é coma se puidésemos por fin crear obxectos de nada. Obxectos tan sinxelos como unha cunca de café a obxectos moito máis complicados e incribles como partes dun avión ou ata órganos humanos.
As impresoras 3D o que fan é crear un obxecto cos seus 3 dimensións e isto conségueo construíndo capas sucesivamente ata conseguir o obxecto desexado.
RECORDA:
PODES REPASAR AS FIGURAS PLANAS NOS FICHEIROS ADXUNTOS.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Polígonos.pdf | 499.9 KB |
- blogue de Abalar
- %count lecturas