Blog de Voz Natura
SEGUIMOS PLANTANDO
Enviado por karinaromero o Lun, 10/04/2023 - 22:11E no mes de marzo, continuamos coa plantación na nosa horta, nesta ocasión é o alumado de 4º de primaria os que se animaron plantando amorodos, acelgas e leitugas. Que bo é logo recolectar a nosa propia colleita!!!!
ECO-RETO: PLANTAMOS!!!!
- %count lecturas
ECO-RETO: PLANTAMOS!!!
Enviado por karinaromero o Lun, 27/03/2023 - 23:18Continuamos co mes de marzo e co ECO-RETO que nos propón VOZ NATURA, PLANTAMOS!!!!
Nesta ocasión os pequechos de 6º de infantil, prepararon o seu espazo na horta e plantaron amorodos, chícharos, leitugas e cebolas, uns verdadeiros agricultores e agricultoras. Así serán conscientes de todo o proceso de crecemento e coidado das diferentes hortalizas, e sobre todo, dos beneficios do autoconsumo.
Seguimos traballando para concienciar sobre os ODS:
- %count lecturas
22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA
Enviado por karinaromero o Mér, 22/03/2023 - 21:22- Blog de Voz Natura
- 2022-2023
- Biblioteca
- Blog voz natura
- Día Mundial Auga
- Medio Ambiente
- ODS
- Reciclamos
- Tepoteca
- Voz Natura
- 2022-2023
- biblioteca
- Blog voz natura
- Día Mundial Auga
- Medio Ambiente
- ODS
- Reciclamos
- Tepoteca
- Voz Natura
- 2022-2023
- biblioteca
- Blog voz natura
- Día Mundial Auga
- medio ambiente
- ODS
- Reciclamos
- Tepoteca
- Voz Natura
Hoxe é o DÍA MUNDIAL DA AUGA, un día no que quixemos crear conciencia sobre a importancia de manter as augas limpas, o noso planeta Terra está cuberto case un 70% de auga, así que podedes imaxinar por que temos que ser conscientes do coidado desta gran parte do noso planeta.
Para isto, volvemos a botar man da nosa TEPOTECA, onde hai libros interesantísimos sobre esta temática, nesta ocasión traballamos o conto:
"Alejo"o cangrexo, tiña que cambiar de cuncha e non atopaba máis que lixo no mar e nas praias.
Esta divertida historia, levou a procurar solucións para evitar situacións como a que lle ocorría a "Alejo".
A solución resultou ser moi sinxela, RECICLAR e tirar cada cousa no lugar axeitado. Así que, o alumnado de 1º curso puxémonos mans á obra:
Lemos, investigamos e divulgamos.
Seguimos cos ODS:
- %count lecturas
21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DOS BOSQUES
Enviado por karinaromero o Mér, 22/03/2023 - 00:15
Hoxe, no DIA MUNDIAL DOS BOSQUES, quixemos ler un libro da Tepoteca:
Este libro móstranos a importancia de plantar árbores para formar bosques, os beneficios que aporta e toda a vida que crece arredor dunha soa árbore.
Ao finalizar, o alumnano de primeiro, fixo un pequeno debate sobre o tema e comprometeuse a plantar moitas árbores, tentaremos cumplir ese reto.
Seguimos concienciando sobre ODS !!!
- %count lecturas
ECO-RETO MARZO: PLANTAMOS!!
Enviado por karinaromero o Mér, 15/03/2023 - 22:01
Tal e como nos propoñen os nosos amigos de VOZ NATURA, este mes o noso cole acepta o ECO-RETO e PLANTAMOS!!! Nesta ocasión é o alumnado de 4º curso os que se adicaron a preparar a súa parte da horta, arrincaron malas herbas, prepararon a terra e sementaron en vasiños de cartón sementes de leitugas e ravos pequenos, a ver se podemos velos crecer e traspantalos máis adiante.
- %count lecturas
CAPITÁN VERDEMÁN
Enviado por karinaromero o Xov, 09/03/2023 - 18:47Os pequechos de 6º de infantil deron cun libro superchulo que Tepo e Tepa tiñan no expositor do corredor, "O CAPITÁN VERDEMAN, SUPERHEROE DA RECICLAXE" resultou ser unha historia moi divertida e interesante onde nos fai ver a importancia da reciclaxe. Traballaron o conto e fixeron un cartel para colocar na entrada do cole.
Aquí temos aos nosos superheroes e superheroínas, moi concienciados de conseguir UN MUNDO MELLOR!!!!
- %count lecturas
3 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA NATUREZA
Enviado por karinaromero o Ven, 03/03/2023 - 11:08Coa data desta conmemoración tan importante para nós, no noso cole quixemos realizar varias actividades para festexalo:
- LECTURA EN NATUREZA: Tepo e Tepa, as mascotas da nosa biblioteca, sorprendéronnos cun novo e especial recuncho para gozar da lectura, e vaia se non é especial, está no espazo máis natural do noso patio, na zona do monte!!!, onde entre árbores, rochas e manto verde, poderemos deleitarnos coas historias dos contos.
- COIDAMOS A NOSA CABANA DE VIMBIOS: aproveitamos esta data para poñer bonita a nosa cabana, podámola e trenzamos ramas que sobresaían, as ramas sobrantes cortámolas en cachiños e foron para o composteiro. Agora temos un espazo máis para poder ler á sombra no cando veña a calor.
- RECOLLIDA DE LIXO EN TODO O PATIO: outra actividade para conmemorar este día, recollimos todo o lixo que atopamos no patio, parecía que non había, pero ao final enchemos un saco enteiro!!!que contentos nos puxemos todos ao ver todo limpo, así queremos todos os espazos naturais, libres de lixo!!!!
- %count lecturas
SEGUIMOS INVESTIGANDO
Enviado por karinaromero o Xov, 09/02/2023 - 22:59
No cole seguimos investigando!!!! Nesta ocasión foron os pequechos de 6º de infantil os que, coa axuda das súas familias, pescudaron información sobre algúns animaliños do bosque. Logo, mostraron os resultados das súas investigacións ao alumnado de 1º curso de Primaria, quedaron encantados!!!!!
- %count lecturas
SUSA HERRERA NA TEPOTECA!
Enviado por rgdiegues o Dom, 05/02/2023 - 20:55Vaia sorpresa musical que tiñan preparada Tepo e Tepa na biblioteca!
Un concerto didáctico a cargo de Susa Herrera, acompañada das súas comadres Lara e Tere.
Xunto con elas, ademáis de CANTAR e BAILAR, puidemos aprender datos interesantes sobre animais do noso planeta como o gorila, o crocodilo, o elefante, a xirafa... Porque ben sabedes que é moi importante coñecer, para así, poder comprender e respectar!
Continuamos cos obxectivos de desenvolvemento sostible, ODS 17: vida de ecosistemas terrestres.
Clicade na imaxe e mirade o ben que o pasamos!
- %count lecturas
CREANDO CONCIENCIA "Día da Candeloria"
Enviado por karinaromero o Xov, 02/02/2023 - 17:47
Así di un dos ditos sobre a data de hoxe, 2 de febreiro de 2023.
Para axudar a CREAR SORRISOS MEDIOAMBIENTAIS, imos levar a cabo unha actividade moi bonita no cole.
Primeiro, queremos crear conciencia analizando esta imaxe.
Fotografía:Clive Anthony no Mitchells Plain Hospital, Cidade do Cabo, Sudáfrica.
Temos que coidar moito o noso planeta para evitar situacións coma a que aparece na fotografía, que podemos facer?
Queremos poñer o noso gran de area e imos colocar no patio da nosa escola, casiñas decoradas polo noso alumnado para facilitar un pouco o "confort" aos paxariños da nosa contorna.
Fotografía: pexels.com
Desta maneira colaboramos a conseguir os ODS 13: Acción polo clima e os ODS 15: Vida de ecosistemas terrestres.
Mostraremos os resutados tan pronto estén rematadas.
- %count lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »