Consello Escolar

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

 

Martes, 15 de outubro de 2024

 

Este ano corresponde a renovación de 2 nais/pais do Consello Escolar nas eleccións que terán lugar no mes de novembro.

O día 18 de outubro ás 14:00h terá lugar o sorteo para a constitución da Xunta Electoral. Unha vez nomeada, esta será a encargada de concretar o calendario electoral.

Poderedes consultar a información relativa ó censo, presentación de candidaturas, nomeamentos e outras datas de interese no taboleiro e na páxina web do centro.

 

Normativa aplicable:

Resolución do 10 de setembro de 2024 (DOG nº 180)

 

 

Venres, 25 de outubro de 2024

         O día 25 de outubro de 2024, constituiuse a XUNTA ELECTORAL do CEIP Quintela (Moaña)  que será a encargada da organización e supervisión do procedemento de elección dos membros do Consello Escolar. 

         Despois da realización do sorteo público o pasado venres 18 de outubro de 2024, a Xunta Electoral está composta por:

1- Ana Belén Piñeiro del Río, directora do centro

2- Sofía Leis Palacios , profesora do Centro

3.- Manuel Santomé Pérez, en representación das nais/pais

4- César Paredes Rodríguez, en representación do persoal non docente.

   Así mesmo, a Xunta Electoral acorda por unanimidade o seguinte calendario electoral: 

 

DATA

ACTO

OBSERVACIÓNS

Luns, 10 setembro

Resolución Consellería de Cultura que establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares

DOG Nº 180

Martes, 15 outubro

Publicación data e hora sorteo público membros da xunta electoral

Abalar / web

Venres, 18 de outubro

Sorteo para a constitución da Xunta electoral

14:00 - Dirección

Venres, 25 outubro

Constitución xunta electoral (1º Reunión)

14:00 - Biblioteca

25 de outubro - 4 novembro

Prazo de solicitude nomeamento representantes ANPA e Concello

 

Martes, 29 outubro

Publicación censo

Taboleiro

Publicación convocatoria de eleccións nos diversos sectores

 

29 outubro - 5 novembro

Prazo reclamación censo

Dirección

29 outubro - 8 novembro

Plazo de admisión de candidaturas

Dirección

Martes, 12 de novembro

Claustro informativo

 

2º Reunión Xunta electoral

 

Resolución das reclamacións ó censo electoral

 

Proclamación de candidaturas presentadas

 

Sorteo mesas electorais (pais, nais e persoal servizos)

 

13 - 14 novembro

Prazo reclamación candidaturas

 

Venres, 15 novembro

3º Reunión Xunta electoral

 
 

Proclamación definitiva candidaturas

 

Martes, 19 novembro

Votacións membros consello pais/nais

Biblioteca

Votacións membros persoal servizos

Biblioteca

Claustro elección membros Consello profesorado

 

Martes, 26 novembro

4º Reunión Xunta electoral

 

Proclamación e publicación da listaxe de candidatos electos dos distintos sectores

 

Martes, 3 decembro

Reunión de constitución do novo CE

 
 

Remitir Anexo II á Xefatura Territorial

Antes do 16 decembro

 

 

Martes, 29 de outubro de 2024

 

      A partires de hoxe poderedes consultar o censo electoral no taboleiro do centro. Poderedes presentar reclamacións ata o día 5 do  mes de novembro.

 

    Así mesmo, comeza o prazo de admisión de candidaturas. Dende hoxe ata o día 8 de novembro, as/os interesadas/os poderán solicitar un impreso no centro ou descargalo no documento adxunto "Solicitude candidaturas", que se atopa ó final da páxina, e entrégalo na dirección do centro.

 

 

Martes, 12 de novembro de 2024

CANDIDATURAS PRESENTADAS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

        Listaxe de candidaturas presentadas polas nais e pais de alumnos/as para a renovación parcial do Consello Escolar que se celebrará o martes 19 de novembro de 2024:

  • Vanesa Durán Martínez
  • Anabel Gil Montenegro

 

                    (* Contra esta listaxe poderase interpoñer reclamación nos dous días seguintes á súa publicación)

 

 Venres, 15 de novembro de 2024

CANDIDATURAS PRESENTADAS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Finalizado o período de reclamación, a listaxe de candidaturas presentadas polas nais e pais de alumnos/as para a renovación parcial do Consello Escolar queda como sigue:

  • Vanesa Durán Martínez
  • Anabel Gil Montenegro

 


                     (* Contra esta listaxe poderase interpoñer reclamación perante o Delegado Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria)

 

Distribuir contido