Fondolibros
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025
PRAZO DE PRESENTACIÓN: ATA O 21 DE XUÑO (INCLUSIVE)
BENEFICIARIOS
- O alumnado que vai cursar 1º e 2º de Ed. Primaria o vindeiro curso pode solicitar a axuda para a adquisición de libros e material escolar.
- O alumnado que vai cursar 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria o vindeiro curso pode solicitar Fondo Solidario de Libros de Texto e axuda para mercar material escolar
O alumnado que vai cursar 1º da ESO o vindeiro curso debe entregar a solicitude no IES A Paralaia. Os prazos son os mesmos que para primaria.
O alumnado matriculado no 1º, 2º, 5º e 6º curso de Ed. Primaria está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto pero terá dereito á axuda para a adquisición de material escolar (No caso de 5º e 6º por atoparse incluido no proxecto de educación dixital E-DIXGAL)
Para ter dereito ó fondo de libros, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º terá que ter entregados os libros en bo estado antes do 21 de xuño
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
As solicitudes pódense facer :
- Na aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros)
- Na Sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal): modelo ED330B, anexos I e II.
- Na secretaría do centro.
Para tramitalo a través da aplicación “fondolibros” ou “Sede Electrónica” é necesaria a Chave 365 ou certificado dixital
DOCUMENTACIÓN
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
Excepcionalmente, cando a composición da unidade familiar non se axuste ao sinalado no artigo 4.1 desta orde ou non sexa posible acreditar a súa composición polos medios anteriores, poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
1º. Certificado ou volante de convivencia.
2º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
c) Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
d) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, cando o agresor forme parte da unidade familiar.
e) Resolución xudicial constitutiva da curatela representativa ou resolución xudicial que estableza a patria potestade prorrogada ou rehabilitada mentres non se produza a revisión desta medida.
f) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
g) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.
En caso de non autorizar a comprobación de datos, deberase achegar aquela documentación da que non se autorice a consulta (certificado de grao de discapacidade, resolución xudicial de incapacitación, declaración da renda…)
A solicitude será única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente
CONTÍAS DAS AXUDAS
- Axudas para adquirir libros de texto:
- Renda per cápita igual o inferior a 6.000 € 240 €
- Renda per cápita entre 6.000 e 10.000 € 160 €
- Axudas para material escolar
- Renda per cápita igual o inferior a 6.000€ 75 €
- Renda per cápita entre 6.000 e 10.000 € 60 €
- Fondo solidario de libros:
- Renda per cápita igual o inferior a 6.000 € 6 libros de texto
- Renda per cápita entre 6.000 e 10.000 € 4 libros de texto
Se sobran libros, a aplicación repárteos por orde de renda ata que se esgotan
O alumnado matriculado no 5º e 6º curso de Ed. Primaria está excluido da participación no fondo solidario de libros de texto por atoparse incluido no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) pero terá dereiro á axuda para a adquisición de material escolar
OUTRAS DATAS DE INTERESE:
Publicación de listaxes provisionais: 3 de xullo
Período de reclamación ás listaxes provisionais: 2 días a partires da data de publicación
Publicación de listaxes definitivas: 6 de xullo
Entrega de vales de material: Días 10 e 11 de xullo.
Entrega de libros ó alumnado: Ó comezo do curso, en setembro
NORMATIVA REGULADORA