PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/25
PARA QUÉN É?
Para todo aquel alumnado que queira cursar estudos no noso centro no vindeiro ano académico.
O alumnado que xa está a cursar estudos no noso centro NON ten que presentalo.
(*A admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro.)
COMO SE FAI?
O alumnado interesado deberá entregar a documentación preferiblemente por vía electrónica:
- A través da Sede Electrónica da Xunta (https://sede.xunta.gal) indicando o procedemento ED550B.
- Mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática “Admisión alumnado” (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) entregando posteriormente na secretaría do centro a solicitude impresa e o código xenerado pola aplicación
Tamén se pode tramitar na secretaría do centro presentando a seguinte documentación:
- Impreso ED550B cuberto (que se poderá recoller na mesma secretaría do centro)
- Copia do DNI da persoa solicitante (nai, pai ou titor/a legal)
- Copia do documento acreditativo da idade do alumno/a (DNI ou libro de familia)
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o alumno/a e os demais membros da unidade familiar
- Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar
- De ser o caso
- Certificado do anterior centro onde cursou estudos
- Convenio regulador en caso de separación ou divorcio
A solicitude de admisión deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras e deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento.
(* As familias que poderán consultar na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):
a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365)
ATA CANDO SE PODE SOLICITAR?
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o 1 ó 20 de marzo
OFERTA DE PRAZAS
EDUCACIÓN INFANTIL |
|||
CURSO |
4º Ed. Inf. |
5º Ed. Inf. |
6ºEd. Inf. |
Nº PRAZAS |
20
|
9 |
4 |
EDUCACIÓN PRIMARIA |
||||||
CURSO |
1º EP |
2º EP |
3º EP |
4º EP |
5º EP |
6º EP |
Nº PRAZAS |
0
|
0 |
0 |
0 |
0 |
1 |
- Todo o alumnado poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata 6 centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ó centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
- O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
- En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8
NORMATIVA REGULADORA:
PLAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS PARA O BAREMO, DE SER O CASO:
10 días hábiles contados a partires do día seguinte ó remate do prazo de presentación de solicitudes de admisión
DATA PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS E NON ADMITIDOS:
25 abril
Contra a listaxe provisional, poderanse formular reclamacións no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte á súa publicación. Estas reclamación entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.
DATA PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS:
15 maio
Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partires do día seguinte á súa publicación
PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:
20 ó 30 de xuño
ADSCRICIÓNS DO CENTRO
EEI O Con
|
CEIP Quintela - Moaña |
IES A Paralaia |
ÁREA DE INFLUENCIA DO CEIP QUINTELA
- Porta do Cego
- Os Ladrados
- A Lameira ata PO 551
- A Miranda
- A Gándara
- A Xeira
- Avda de Marín ( Estrada PO 313) ata a Porta do Cego.
- Rúa Ramón Cabanillas beirarrúa norte dende o Portal do Almacén ata o nº 53 ( interxección coa Miranda)
- A Rúa Ramón Cabanillas, beirarrúa sur dende o Portal do Almacén ata o nº 179 ( interxección coa rúa Fragata de Callao)
- A estrada comarcal PO 551 beirarrúa norte dende a rotonda ata interxección con Camiño Vello.
- Toda a zona do Real delimitada por Avda Daniel Castelao, Rúa Méndez Núñez e Avda José Costa Alonso. As rúas son as seguintes: Avda José Costa Alonso, Miguel Enríquez, Almansa, Fragata Blanca, Fragata Lealtad, Villa de Madrid e Rúa Berenguela
DATOS DE CARÁCTER PERSOAL
De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre a súa tramitación. O órgano responsable deste ficheiro é a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da dita consellería, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela ou a través dun correo electrónico a sxt.cultura.educacion@xunta.gal