Skip to Content

Dinamización da Lingua Galega

Cantos de aguinaldo. O IES deMos canta ao CEIP Petelos

Este ano, como novidade, unha representación do IES deMos, veu pedir o aguinaldo ao noso cole. E démoslles o aguinaldo, pois desfrutamos moito con eles! Para o ano máis!

Rap do Equipo Patito

Na aula de Música, o alumnado de 5º creu e gravou a súa propia canción de aula, un rap, "Rap do equipo Patito". Así de chula lles quedou! Noraboa!

 

Amizades para sempre

Para conmemorar o Día da Paz, este ano escollimos a canción "Amigos para siempre", de Andrew Lloyd Webber e letra de Don Black, que foi interpretada nos xogos olímpicos de Barcelona por José Carreras e Sara Brightman, e   popularizada no noso país por Los Manolos. O que fixemos foi unha tradución ao galego, e apoiándonos dunha base instrumental, gravamos as voces do noso alumnado, cantando en galego e en inglés. O resultado foi marabilloso.

Andaina pola lingua

O Día 16 de maio, o CEIP Petelos e o IES de Mos, fixemos unha andaina conxunta pola lingua. Cada participante, levaba un dorsal cunha palabra en galego. A andaina ía encabezada por un grupo de gaitas, tambor, bombo e pandeiretas composto por alumnado do IES de Mos, e as mestras de Música e Inglés do CEIP Petelos. Longa vida para a nosa lingua!

 

O Maio de Infantil

E aquí podemos ver aos máis pequenos e pequenas do cole participando xa dende ben cativos na Festa dos Maios. E que ben o fixeron! Hai canteira en Petelos!

 
E aquí podedes ver aos da clase de 4 anos cantando as súas coplas. Moi ben o fixeron!
 
 
 
E aquí podedes ver aos maiores de Infantil, cantando marabillosamente as súas coplas tan inxeniosas. Que grandes!
 

O Maio do 1º ciclo

No seguinte enlace podedes ver ao alumnado de 1º cantando as súas coplas dos maios. Menudos artistas! Que marcha teñen!

 
 
E aquí podedes ver canto talento hai na clase de 2º. Que fenómenos!
 

Os Maios do 2º ciclo

No seguinte enlace podedes ver que ben cantou o alumnado de 3º Menudas artistas!

 

 
 
E aquí podedes ver ao alumnado de 4º cantando as súas inxeniosas coplas. Menuda panda de artistas!
 

O Maio do 3º ciclo

No seguinte enlace podedes disfrutar das inxeniosas coplas do alumnado de 5º de Primaria. Moi ben o fixeron!

 

 
 
E no seguinte enlace podedes ver que ben cantan os maiores do cole, o alumnado de 6º! Pero que ben se canta aquí en Petelos!
 
 

O Maio das Mestras e das Familias

No seguinte enlace podedes ver ás mestras cantando as súas colas do Maio.

 

 
 
E a continuación, podedes ver que ben cantan as falimias do cole! Moitas grazas pola vosa colaboración!
 
 

Os Maios no Monte do Castro

Este ano, convidáronnos a ir cantar os Maios ao Monte do Castro, na Festa da Cruz, e alá fomos unha representación da comunidade educativa de Petelos. Moi ben o pasamos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut