5 DE XUÑO- DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
Dende o equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares
queremos recordarvos que...
O venres 5 de xuño celébrase o Día Mundial do Medio Ambiente.
Este ano o tema é a BIODIVERSIDADE. Un gran motivo de
preocupación mundial en materia medioambiental
Eventos catastróficos recentes coma os incendios forestais a gran
escala de Brasil,California e Australia, a invasión de langostas no
Corno de África e a pandemia do COVID-19 amosan que a
Natureza está enviando unha mensaxe...
As actividades humanas levan décadas alterando o planeta,
causando unha pérdida de biodiversidade sen precedentes. Se
seguimos por este camino, as consecuencias para a humanidade
serán irreversibles.
Está nas vosas mans contribuir a parar eses efectos...
Mandádenos un debuxo ao correo do cole sobre este
tema,engadindo unha frase significativa. Tedes de prazo ata o
venres 5 de xuño
ceip.petelos@edu.xunta.es
Ademais tedes neste enlace unhas curtas que nos ensinan que
podemos facer para coida-lo medio ambiente.
E xa para rematar escoitade a canción “O veleiro verde” de María
Fumaca