Este ano, convidáronnos a ir cantar os Maios ao Monte do Castro, na Festa da Cruz, e alá fomos unha representación da comunidade educativa de Petelos. Moi ben o pasamos!
Aquí podemos ver e escoitar ao alumnado máis pequeno do cole, o de 4º de Infantil, interpretando a panxoliña "Din don dan". Menudos artistas!
No seguinte enlace, podedes ver ao alumnado de 5º de Infantila interpretando a panxoliña "A campá que resoa", incluída no disco de panxoliñas "O Quiquiriquí". Moi ben o fixeron!
E o alumnado de 6º de Infantil, rendiulle homenaxe á figura do Apalpador, interpretando maxistralmente a "Cantiga do Apalpador", que seica este ano paseouse polo noso cole...
Ao alumnado de 1º xa lle tardaba que chegase a noite de Reis, por iso a panxoliña que interpretaron foi "Xa me tardan estes Magos", do grupo Mamá Cabra. Moi ben cantan estas nenas e nenos!
No seguinte enlace podemos ver a enerxía coa que canta o alumnado de 2º, que interpretaron a panxoliña "Metido nun ovo", pertencente ao disco de panxoliñas "O Quiquiriquí". Moi ben o fixeron!
No seguinte enlace podemos ver ao alumnado de 3º interpretando dúas panxoliñas: a primeira é "Un Nadal de aloumiños", panxoliña coa que se presentaron ao concurso da TVG A canción do Nadal, xunto ao alumnado de A Gudiña, aínda que nesta ocasión interpretárona eles sós. E ao rematar, ata se animaron a canta unha panxoliña en Ingés, que prepararon coa teacher Doa. Son todos uns artistas eunhas artistas!!
Despois de varios anos do alumnado pedindo o aguinaldo polas clases e polo IES de Mos, pareceunos xusto despedir ao noso alumnado cantando unha panxoliña, neste caso, foi Nadal en Petelos, unha adaptación da panxoliña Nadal en Luintra. Esperamos que vos guste.
Pois... aquí temos o vídeoclip da panxoliña coa que o alumnado de 3º do CEIP Petelos, xunto con alumnado de 1º e 2º do CPI Laureano Prieto de A Gudiña nos presentamos ao concurso da RTVG "A canción do Nadal 2023". Houbo 33 propostas musicais, e finalmente a nosa non foi a escollida, pero estamos moi orgullosas do noso alumnado, do ben que o fixeron. Moito talento hai en A Gudiña e en Petelos!! A letra e a música foi composta por Ana Senlle, mestra do cole de A Gudiña, e para a gravación musical, contamos coa colaboración inestimable dos músicos Fernando Pernas e Pancho Álvarez. E na gravación, mestura e masterización do son, Nuria Freiría. Moitas grazas!
No seguinte enlace podedes ver o videoclip de Un Nadal de aloumiños
No seguinte enlace podedes escoitar a canción para conmemorar o 25 de novembro que preparamos e gravamos na escola, co alumnado de 5º e 6º. A letra é un poema de Lupe Ces, mestra de Caranza moi comprometida co movemento feminista dende hai moitos anos, e a música foi feita para a ocasión pr Raquel, a mestra de Música da nosa escola. Queremos agradecer, tamén a aportación da guitarra de Luis Lechuga, mestre de Música no IES Alonso Ríos de Tomiño. Esperamos que vos guste e que axude a abrir moitas xanelas.
E... xa temos aquí a cantiga do Magosto deste ano! Nesta ocasión, é a cantiga 1, 2, 3 castañas, e foi gravada polo alumnado de 3º e 4º, que, ademais, participaron na creación da segunda estrofa. Esperamos que a desfrutedes!
Polo Samaín, a aula de Música estivemos preparando co alumnado de 5º e 6º a canción "Os esqueletos", e decidimos interpretala para o alumnado de Infantil. Este foi o resultado. Esperamos que vos guste!