Esta fin de semana poderedes desfrutar das seguintes actividades no noso concello.
Sábado 3 de decembro
Mai Mai é a historia do último oso panda do planeta e a súa loita pola supervivencia. A falla de comida e os problemas ocasionados polo olvido global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller forte e emprendedora e un famoso fotografo comezan a viaxe por separado para encontrar o ultimo panda do planeta, toda unha aventura na que se encontrarán un cúmulo de problemas que solucionar. Unha historia tenra e moi divertida onde se mezclan o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental. Unha historia que fala da revolución, que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos facendo co noso planeta.
Domingo 4 de decembro
A partir das 11.00 horas, estará instalado o mercado de artesanía nas inmediacións da rotonda das Angustias.
Ao longo de todo o día contaremos con animación musical, animación infantil, inchábeis…
Para finalizar a xornada, ás 18.00 h, terá lugar o concerto de “A Banda da Balbina” que dará paso ao tradicional acto de acendido de luces de Nadal e repartición de chocolate ☕️ con rosca para tod@s.
Ás 12.00 h - Grupo Folclórico Nosa Terra de Pereiras.
Ás 13.00 h - Banda de Gaitas Airiños do Castelo, de Santa Eulalia de Mos.
Ás 16.30 h - Banda de Gaitas de Herville.
Ás 17.30 h - Banda de Gaitas Ruada, de Torroso.
Ás 18.00 h - A Banda da Balbina