O 4 de xuño fomos ao invernadoiro recoller as patacas, para iso seguimos un proceso:
1. Precisamos un sacho e un caldeiro.
2. Intentamos chantar o sacho de forma que entre ben no fondo e que a pataca saia en bo estado. Para isto hai que ter moito cuidado de non rompela.
3.Unha vez arrincadas hai que gardalas nun lugar onde non lle dea a luz, para que non se estraguen.
Tamén vimos as hortalizas que sementaron os dos outros cursos e que xa están listas para recoller: acelgas, cabaciños, cebolas, amorodos...
ESPERAMOS QUE ESTEAN BOAS!!!!!!!!!