O 14 de marzo fixemos un obradoiro de reciclaxe de papel. Para reciclar papel hai que seguir os seguintes pasos:
-
Conseguir papel de periódico, rasgalo en tiras e despois en anacos pequenos.
-
Deixar a remollo durante un día en auga quente para que se desfaga.
-
Nós, para acelerar o proceso, batémolo cunha batedora.
-
Coller a pasta resultante cunha peneira.
-
Secar cunha baieta o exceso de auga e desmoldar sobre unha folla de papel de periódico.
-
Por último, esperar tres ou catro días a que seque para poder utilizalo.
Manuel Rivas, Daniel Souto, Diego Rey e Hugo Tubío.