Brotaron as patacas!!
O día 13 de marzo fomos ao invernadoiro para ver se xa naceran as patacas... Naceron todas! A planta máis grande medía aproximadamente 6cm.
Aproveitamos para regar as patacas, arrincar as malas herbas e remover a terra da nosa parcela. Nós fixemos un pouco, e despois Xan deulle un pequeno repaso .
Antes de marchar estivemos mirando as parcelas de infantil, nas que tiñan plantado varios tipos de flores e tamén miramos os seus carteis. Os profesores propuxéronnos facer uns carteis con información sobre as hortalizas que sementamos.
Por último, Xan díxonos que outro día imos plantar pementos de Padrón.
Sonia e Alexandra, 4º C