No día de hoxe, luns 30 de marzo, a Consellería publica unha convocatoria de axudas para as familias que teñen alumnado no servizo de comedor dos centros con xestión directa, que é o caso do noso.
Vai dirixido ás familias do alumnado que utiliza este servizo e que ostenta a condición de gratuidade ( que polo tanto non pagan nada) e dos que por renda familiar resulta pagador de 1€.
As familias ás que se lle conceda axuda percibirán 2,5€ por día lectivo, no caso das que non pagan nada, e de 1,5€ por día lectivo e as que pagan, 1€.
O prazo de presentación de solicitudes vai dende o día 31 de marzo ao 6 de abril, ambos inclusive.
Toda a información, incluída a da tramitación de solicitudes para as familias do noso centro, no documento adxunto.
A dirección
Adxunto | Tamaño |
---|---|
AXUDAS COMEDOR. COVID-19.pdf | 132.42 KB |