Hoxe tivemos a sorte de contar no noso centro co escritor e etnógrafo Clodio González Pérez, que nos veu falar da Festa dos Maios, tema no que el é un erudito.
Clodio fixo un percorrido polas distintas localidades onde se celebra esta festa de exaltación da primavera para mostrarnos os distintos tipos de maios, a súa orixe e como se elaboran.