Skip to Content

Pepe Maestro, autor do libro El circo de Baltasar, veu ao noso Centro.

 

 

O día 21 de marzo, o escritor Pepe Maestro visitou o noso colexio .

Fixeramos uns bigotes, porque leramos o libro de El circo de Baltasar e Baltasar tiña

bigote. Cando entrou Pepe Maestro puxémolos. Quedou moi sorprendido!!

Contounos moitas cousas, entre elas  que traballara nun circo e fora domador de pulgas.

Tamén nos falou dos seus libros, un  deles trataba de inventos. Algúns dos que

aparecen no libro son:

Satélite de bicos: trataba de que cando lanzabas un bico ao aire ía para a Besosfera, e

entón un satélite buscaba ao dono dos bicos e devolvíallo, e se non o encontraba

dáballo a calquera persoa.

Recolle balóns:  cando  se escapaba o balón no recreo, este invento evitaba qu
e se escapase.



Anticharcos: cando pasaba un camión ou un  coche por riba dun charco, este invento

dábache  cinco segundos para escapar, para que non che salpicase.

O libro de inventos tamén  incluía anuncios,  un deles era o  Firechicle. Se queredes

saber que é so tendes que ler o libro.

Por último,  firmounos exemplares do Circo de Baltasar.

Foi moi divertido!!Risa

 

 

Carolina Pineda

 

 

 



story | by Dr. Radut