Hoxe tivemos uns convidados moi especiais dentro das actividades organizadas para conmemorar o día da Discapacidade: Nove cans do club "Só lles falta falar" acompañados polos seus donos e coidadores.
María Sabell, especialista en comportamento animal, faloulle ao alumnado de segundo de Primaria do coidado, características e beneficios que estes animais poden ofertar a todas as persoas e especialmente a aquelas con algún tipo de discapacidade. En Compostela, onde a asociación está máis asentada, realizan programas de terapia nos que os cans son empregados como «mediciña» en determinadas patoloxías ou incapacidades.
A experiencia foi magnífica, os nosos nenos e nenas acariñaron, cepillaron e pasearon a estes incribles amigos e puideron satisfacer a súa curiosidade formulándolle todas as preguntas que quixeron a María, Pablo, Ana e ós outros membros do club.
Moitas grazas a estes especiais amigos