Actividades complementarias
CINENSINO: "Enredados"
Enviado por ros.rod o Ven, 27/01/2012 - 11:03Próxima actividade de CINENSINO. "Enredados", para 2º e 3º ciclos.
MAGOSTO - SAMAÍN - DÍA DO PEÓN
Enviado por ros.rod o Ven, 27/01/2012 - 10:49O día 11 deste mes, como cada curso teremos unha celebración especial. Atentos ás caveiras e aos esqueletos; e sobre todo, aos CONTOOOOSSSS!
"Once do once do dous mil once". Si, si, un día máxico tamén no noso colexio: catro esqueletos bailando...
O pasado venres celebramos o Magosto, Samaín e día do Peón. Días antes estivemos facendo contos de medo. "O Neno medica" foi o elexido para ler ese día na Hora de ler por Michelle e Lucía:
Érase unha vez un neno chamada Raúl. Raúl tiña medo de todo, menos da comida, da súa casa e dos seus pais. Un bo día foi coa súa curmá ao zoo e invitouno a ir con ela. Pero el díxolle que o sentía moito, pero non quería saír da súa casa porque tiña medo. Era tan medica que en vez de ir ao colexio tiña que ir unha profesora á súa casa todas as mañás. A Raúl non lle gustaba durmir só, e menos no outono porque pensaba que había monstros, vampiros e meigas. Un día o pai falou co neno para convencelo de que saira á rúa cos seus amigos e amigas: Xana, Marta, Elisa, Lucía, Michelle, Jose, Dani e Rafa. O neno dixo que si, e saíu á rúa cos nenos e as nenas. Perdeu o medo ás rúas, pero ao anoitecer saíu correndo para a casa. O pai comprendeu que o neno tiña medo da escuridade. Compráronlle unha lámpada con moita luz. Cada día unha lámpada con menos luz e por fin perdeulle o medo á escuridade. O día do Samaín foron á festa cos amigos e amigas de Raúl e pasárono xenial. Aquel día perdeu o medo para sempre.
Tamén fixemos buxainas de papel para pegar, de cartón para bailar. Preparamos as caveiras, decorámolas. Desfilamos con elas cara o salón de actos onde cantamos "Samaín" e "Os esqueletos". Nós moviámolos por detrás. Resultou moi divertido. A continuación degustamos as castañas con leite, ¡que ricas...! e rematamos no patio bailando buxainas.
RECICLAMOS
Enviado por ros.rod o Ven, 27/01/2012 - 10:29O vindeiro 27 de outubro o segundo e o terceiro ciclos asistiremos a unha xornada en Reciclaterra-Mougá-Ferrol
Acabamos a primeira parte da sesión cun "Pasapalabra", que nos axudou a reforzar todo o que nos explicara Patricia anteriormente.
Chegou o momento do descanso e tempo de tomarnos a merenda, e a continuación, cambio de actividade e de monitora.
Na segunda parte da visita aprendemos a facer unhas carteiras con cartóns de leite ou de zume, previamente limpos e secos, claro, senón... Ao principio parecíanos moi complicado, pero pouco a pouco vimos que é unha actividade moi bonita. Todos estivemos de acordo en que, agora que xa practicamos, poderemos facer máis no cole.
CHARLA SOBRE ENERXÍA RENOVABLE
Enviado por Anónimo o Lun, 03/10/2011 - 15:07
O día 24 de Novembro a través de Gas Natural Fenosa imos desfrutar dunha charla na nosa clase sobre as ventaxas das enerxías renovables.