Eventos
O vindeiro martes 8 de febreiro ás 10:00h os rapaces e rapazas de 2º e 3º ciclo asistirán a unha representación de Ópera no Teatro Jofre, que leva por título "O Humor na Ópera".
O Humor na Ópera consta de catro das máis coñecidas e representadas óperas buffas da historia da música: A frauta máxica, Así fan todas, El barbero de Sevilla e O elixir do amor.
Neste espectáculo elíxense as partes máis espectaculares de cada obra na súa máis alta calidade musical e vocal pero engadíndolles sorpresas interpretativas que conseguen achegarlles aos nenos e nenas a idea de cada compositor.
Unha representación moi áxil, amena e divertida, á vez que ortodoxa nas formas clásicas da ópera que nunca se deben de abandonar.
Na Biblioteca e nas aulas traballamos co libro "ÓPERA". Se non o coñecedes, recomendámovolo. É un fermoso libro na que están recollidas as máis importantes óperas de todos os tempos e os seus autores. Está belamente ilustrado por Ericka Martínes; e os textos son de Juan Arturo Brennan. Editorial Castillo, na súa colección El Armadillo
Tamén podedes disfrutar dun pequeno vídeo da recente representación en Ourense de "El Humor en la Opera" - Camerata Lírica de España. Fonte: tempodelecer
O vindeiro 17 de febreiro teremos un contacontos de parte da Editorial Kalandraka na Biblioteca do cole para os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo.
Virán desta vez Pablo e Patri??? Que ben o pasamos sempre con eles!!!
Pola mañá houbo na Biblioteca unha sesión de Contacontos para os máis pequenos; Infantil e 1º ciclo de Primaria. Escoitamos moi atentamente os contos da boca de Patri e encantounos a música que os acompañaba. Participamos sentándonos coas pernas coma os indios, abrindo moi ben os ollos e as "orellas" e pechando moito, moito, moito a boca. Vimos o gran ovo do crocodilo que se zampaba todo, namoramos da parella diferente: a xirafa e o crocodilo... ¿Recordades a canción? Era algo así como...
quero estar contigo,
seremos sempre amigos,
xirafa e crocodilo.
Xa chega o MECO cos seus mandados... preparádevos para a Entroidada!!!
O luns 28 de febreiro os rapaces e rapazas do 3º ciclo de Educación Primaria, asistirán a unha sesión de cine nos Cines Dúplex de Ferrol. A película que verán titúlase
"Os nenos de Timpelbach"
SINAPSE: No pobo de Timpelbach vive un gran número de nenos e nenas que non deixan de facer falcatruadas. Un día, os adultos, xa cansos, deciden tomarse unhas vacacións e marchan por uns días. Agora os nenos están sos e as dúas bandas do pobo farán o imposible para facerse co poder da pequena aldea.