Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Decembro 03, 2010
Start: 03/12/2010 12:00
End: 03/12/2010 13:30
O 3 de decembro de 2010 os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo de Educación Primaria irán a ver a película "El pequeño Nicolás", enmarcada dentro da programación de Cinensino.

El pequeño Nicolás.

90 min.

Laurent Tirard, Francia, estreada en España en 2010.

Nicolás vive feliz e querido polos seus pais, cunha cuadrilla de amiguetes cos que se divirte moitísimo...; non quere para nada que as cousas cambien. Pero un bo día, Nicolás ouve unha conversación entre os seus pais pola que entende que a súa nai está embarazada. Éntralle tal terror que se imaxina o peor: vaille a caer encima un irmán que acaparará todos os coidados dos seus pais... até o punto de que até poida que acabe abandoado nun bosque como Polgariño .

Luns Decembro 13, 2010
Start: 13/12/2010 12:15
End: 13/12/2010 13:30

Como todos os anos, durante a mañá de hoxe virá a recoller as cartas que con tanta ilusión escribimos o Carteiro Real das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

 

Outro ano máis as ilusións viaxan en papel ata Oriente; ata o Oriente dos Reis Magos. Non vaiades pensar que isto é cousa de pequenos, non. Todos temos algo agochado; ás veces moito. A eles, se cadra, élles máis doado de expresar.
Os máis cativos soñaron cos xoguetes e os libros; os maiores, ademais, fixeron unha reflexión tomándolle a temperatura ao noso planeta e aos seus problemas. Este ano traballamos unha vez máis coa campaña de sensibilización que a ONG Médicos Sin Fronteras leva a cabo este inverno.
Sexa como sexa, os nosos mellores desexos para todas estas nenas e todos estes nenos. Que os Reis Magos lles traian moitos xoguetes e moitos libros para seguiren medrando.


Mércores Decembro 15, 2010
Start: 15/12/2010 10:00
End: 15/12/2010 13:00

Sesión de cine para Infantil e 1º ciclo de Primaria, nos cines Dúplex, Ferrol.

Un poderoso home de negocios pretende construír unha estrada que atravese a Fraga e a malvada Sra. D’ABONDO ve chegar a súa oportunidade para acabar co bosque.

CARBALLO e os seus compañeiros están en perigo e todos os animais que viven ó seu amparo terán que fuxir. Pero as toupas FURI e LINDA e o rato PIORNO non pensan renderse, e tampouco CEBOLO, un toupo asustadizo recén chegado da cidade. Na súa nova aventura contan coa axuda do “Clan dos Gatos Libres”, liderado polo valente, aínda que algo vaidoso, TIGRE.

Incluso HU-HU e HO-HO, as moscas pillabanas, deciden botarlles unha man. Cando descobren de que ten medo a Sra. D’ABONDO, FURI propón darlle “vida” … ó ESPÍRITO DO BOSQUE.

Martes Decembro 21, 2010
Start: 21/12/2010 11:00
End: 21/12/2010 13:30


Convidamos a toda a Comunidade Educativa a asistir á representación que terá lugar na Sala de Usos Múltiples do colexio a partir das 11:00 da mañá do vindeiro martes 21 de decembro.


Despois haberá unha degustación de productos típicos de Nadal no ximnasio á que tamén estades convidados.


Esperámosvos a todos e a todas!!!  Bo Nadal!!!



¿Queredes ver as fotos de festival de hoxe? Acaban de chegar, quentiñas, quentiñas do forno.
Bailes, teatro, panxoliñas, entrega de diplomas e un audiovisual que poderemos ver máis adiante.

Estas son as primeiras fotos... é que fixemos moitas.

E estas, o resto.

FELICES FESTAS!
Distribuir contido