Coma todos os anos o mandadiño realizará unha serie de ordes para vir vestidos con distintas prendas cada día da semana. As prendas serán acumulativas e as ordes de toda a semana serán as seguintes:
LUNS: A semana comeza con algo na cabeza.
MARTES: Igual ca as ovellas van ao redil, mañá trae da casa o teu mandil.
MÉRCORES: Para o noso gozo traerás algo no pescozo.
XOVES: Para correr o frío con ganas, traede batas e pixamas.
O VENRES virá disfrazado cada alumno como desexe.