INICIO DO CURSO 2020-2021
Dentro duns días comezamos o curso 20-21 de maneira presencial.
Imos tentar que todo saia ben, mantendo todas as precaucións posibles e utilizando os medios de protección adecuados.
Recordámoslles que segundo as últimas instruccións da consellería as clases darán comezo de maneira escalonada:
Xoves 10 de setembro: 4º infantil (3 anos), 5º inf. (4 anos), 1º, 2º e 3º de primaria.
Venres 11 de setembro: 6º de infantil (5 anos), 4º, 5º e 6º de primaria.
Está elaborado o Plan Covid do centro, pendente de adaptar aos últimos protocolos da consellería, donde se recollen todos os ámbitos de actuación e protección en relación coa COVID-19. Pronto figurará na web do centro para que poidan consultalo.
En vindeiras datas enviaremos información precisa de como se desenvolverá a xornada escolar e o inicio do curso.
Grazas e saúdos.