Novas

BECAS ALUMNADO NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2024-25

O pasado 19 de abril de 2024 saiu publicado no OA a Resolución de 12/04/2024 da Secretaría  de Estado de Educación pola que se convocan as axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-25. As familias deberán cubrir as solicitudes vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación. O centro deberá, despois de que a familia entregue a documentación tramitalas. A dta límite de presentación será o 13 de setembro de 2024.

Para máis información, poden consultar clicando aquí, todo o procedemento a seguir así como a documentación a presentar.

 

PLAN MADRUGA CURSO 24-25

 Do 2 de maio ao 31 de maio de 2024 será o prazo para a solicitude do Plan Madruga do próximo curso 2024/25. Toda a información sobre o mesmo, así como a folla de inscrición e a documentación precisa para o trámite atópase no arquivo adxunto.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS CURSO 2023 -2024

A través desta publicación e clicando en cada un dos cursos ou etapa, poderedes acceder ao contido de cada unha das programacións didácticas para o curso 2023- 2024:

- EDUCACIÓN INFANTIL

- EDUCACIÓN PRIMARIA (áreas impartidas na titoría): 

- ESPECIALIDADES

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO 2022-23

O vindeiro martes 19 de setembro de 2023 terán lugar as reunións de comezo de curso dos diferentes niveis/ciclos do centro. Os horarios das mesmas son os seguintes (ver a circular ao completo no adxunto):

 

Cursos

Hora

Educación Infantil

18:30 h

1º e 2º Educación Primaria

18:00 h

3º e 4º Educación Primaria

17:30 h

5º e 6º Educación Primaria

17:00 h

 

 

LISTAXE MATERIAL 2023/2024

Están dispoñibles as listaxes de material para o curso 2023/2024 dos diferentes cursos.

SOLICITUDE PLAN MADRUGA "OS/AS PRIMEIROS/AS DA CLASE" PARA O PRÓXIMO CURSO 2023/2024

Dende o Concello de Cambados achégase a información sobre o Plan Madruga, "Os/as primeiros/as da clase", de cara o vindeiro curso 2022/2023. O prazo de presentación das solicitudes xa se atopa aberto sendo a data límite de entrega de solicitudes o venres 16 de xuño. Deberase formalizar o proceso na Biblioteca Municipal "Luis Rei" en horario de luns a venres de 15:30 a 19:30 h con cita previa. No adxunto está á disposición toda a información sobre este servizo (horarios, prezos, lugar de entrega, solicitude, documentación a achegar...).

AXUDAS AO ENSINO E TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS

Toda a información das axudas ao ensino e transporte do Concello de Cambados no documento adxunto.

MÁSCARAS ALUMNADO CURSO 2021-22

Infórmase da publicación no DOG do día de hoxe (12 de novembro de 20219) da ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Con esta publicación, ábrese o prazo de solicitude para a adquisición de máscaras para o alumnado de educación primaria que será dende o 15 de novembro ata o 26 de novembro de 2021, ambos días inclusive.

NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA ESTE CURSO 2021/2022 (cheque de 50€). Este alumnado xa será beneficiario directamente deste procedemento.

 

Si poderán presentar solicitude aquel alumnado que non foi beneficiario desta axuda e que cumpra con algunha das seguintes condicións:

- que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

- alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ó 65%.

 

Xunto coa solicitude (ANEXO I E II)que se achegará dende o centro, deberase entregar documentación complementaria podendo variar esta dependendo da situación familiar:

- copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

- en caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convencio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor

- certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- documentación xustificativa da situación de violencia de xenero no ámbito familiar.

- resolución xudicial da incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

 

Para tramitar a solicitude, deberase solicitar cita previa (886 151 171 / 886 151 172). Para calquera consulta, poden contactar co centro a través dos teléfonos anteriores ou ben a través do correo electrónico ceip.castrelo@edu.xunta.gal

BO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Dende o SPAD de Vilagarcía de Arousa, servizo que xa ven colaborando dende hai moitos anos en diferentes actividades co alumnado do noso centro, achegan unhas pautas de Bo uso das tecnoloxías nun contexto cada vez máis mediatizado e que require, nalgúns dos casos, a intervención de toda a comunidade educativa, familias, centro...

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO. ADMISIÓN CURSO 2019/2020

Rematado o prazo de reclamacións, publícase a listaxe  provisional de alumnado para a súa admisión no centro para o vindeiro curso 2019/2020.  Para ver a listaxe completa, abra o arquivo adxunto.

 

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 xuño.

 

Distribuir contido