Recomendámosche

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022

O equipo de Biblioteca, co ben querido Castrelix como mensaxeiro, envíanos as recomendacións lectoras para este Nadal 2022.  

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2022

Dende o equipo de Biblioteca, achéganse as recomendacións lectoras e de xogo para este periodo estival que está a piques de comezar.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS E DE XOGOS - NADAL 2020

Chegadas estas datas tan especiais, especialmente tendo en conta a situación actual que estamos a vivir, dende o Equipo de Biblioteca achégannos as recomendacións lectoras e de xogos para todas as idades, incluídas as familias. Con estas, o Equipo de biblioteca tamén quere desexar a toda a comunidade educativa unhas Felices festas.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO VERÁN

Chegamos á última semana do curso. Desta volta, como non podemos facer as recomendacións como todos os anos a través dunha circular e/ou nota informativa, achegámosvola a través dos medios dixitais (tédela no arquivo adxunto). Son recomendacións lectoras e de xogos. Esperamos que vos sexan útiles e poida ter un destino de desfrute e lecer nos nosos nenos e nenas. Bo verán a tod@s!!

 

OS RETOS DE CASTRELIX

Boas rapaces e rapazas!!!

 

Son Castrelix. Eu tamén estou confinado, pero no colexio. Todo está moi caladiño e moi vacío sen vós. Bótovos de menos!! Pero temos que quedar na casa polo ben de todas e todos.

Déixovos uns xoguiños para vós e para a vosa familia. Mirade a información da carta que hai debaixo e só vos queda...comezar a xogar!!!

 

Espero vervos prontiño a tod@s. Saúdos!!

Distribuir contido