PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022/2023 - LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO

Infórmase que xa está a disposición no taboleiro interior do centro, a listaxe definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2022/2023. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis de infantil e primaria, están admitidos/as. Tamén poderán consultar esta listaxe accedendo á sede electrónica a través dos diferentes medios de identificación válidos para a mesma (certificado dixital, DNI electrónico ou similar) No vindeiro mes de maio, procederase á publicación das listaxes definitivas. Tras esta informarase do prazo de formalización de matrícula (finais do mes de xuño).

No caso de existir algunha familia interesada na presentación de admisión, lémbrase que pode realizarse igualmente este trámite sendo acollido como proceso extraordinario de admisión.