ALIMENTACIÓN EN IDADE ESCOLAR. PRIORIDADES E PROBLEMAS MÁIS FRECUENTES
Enviado por admin o Lun, 29/11/2021 - 20:39
Desde a E.E.I Plurinfantil da Pastora e en estreita colaboración co CFR de Pontevedra, organizan o vindeiro día 10 de decembro de 2021 ás 18:00 h unha charla online sobre alimentación en idade escolar, prioridades e problemas máis frecuentes. Invítase a toda a comunidade escolar, tanto familias como profesorado, a participar na mesma posto que é un tema que preocupa e inqueda a moitas familias. Esta charla formará parte da Escola de Familias a desenvolver neste caso promocionado pola E.E.I. da Pastora aínda que aberta a todos e todas dada a importancia do asunto a tratar.
A ligazón á charla atópase no arquivo adxunto así como neste enlace. Clica aquí
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Copia de Alimentación-1.pdf | 1.07 MB |