MÁSCARAS ALUMNADO CURSO 2021-22

Infórmase da publicación no DOG do día de hoxe (12 de novembro de 20219) da ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Con esta publicación, ábrese o prazo de solicitude para a adquisición de máscaras para o alumnado de educación primaria que será dende o 15 de novembro ata o 26 de novembro de 2021, ambos días inclusive.

NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA ESTE CURSO 2021/2022 (cheque de 50€). Este alumnado xa será beneficiario directamente deste procedemento.

 

Si poderán presentar solicitude aquel alumnado que non foi beneficiario desta axuda e que cumpra con algunha das seguintes condicións:

- que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

- alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ó 65%.

 

Xunto coa solicitude (ANEXO I E II)que se achegará dende o centro, deberase entregar documentación complementaria podendo variar esta dependendo da situación familiar:

- copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

- en caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convencio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor

- certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- documentación xustificativa da situación de violencia de xenero no ámbito familiar.

- resolución xudicial da incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

 

Para tramitar a solicitude, deberase solicitar cita previa (886 151 171 / 886 151 172). Para calquera consulta, poden contactar co centro a través dos teléfonos anteriores ou ben a través do correo electrónico ceip.castrelo@edu.xunta.gal

AdxuntoTamaño
anexoI_mascaras.pdf1.05 MB
anexoII-mascaras.pdf549.57 KB