Blogues

FORMACIÓN E COÑECEMENTO DE FERRAMENTAS DIXITAIS PARA AS FAMILIAS

O Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra ofrece ás familias a posibilidade de formación no seu acompañamento ao alumnado e no coñecemento das ferramentas tecnolóxicas que enriquecen a experiencia de aprendizaxe dende os fogares. Se estivesen interesadas na realización desta actividade, poden comunicalo ó centro co fin de coñecer e valorar unha posible realización da mesma para a comunidade educativa. (a información da imaxe poderán vela con maior resolución no adxunto)

CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020/2021 - DÍAS NON LECTIVOS

Informamos do Calendario EScolar do centro para este curso 2020/2021 trala aprobación do mesmo polo Consello Escolar. Reseñar que como días non lectivos fixéronse o 13 de outubro de 2020 e o 18 de maio de 2021.

A continuación detállase o calendario. Nel atópanse sombreados en gris todos os días nos que non hai clase (fin de semana e vacacións) e en rosa os días de entrega de boletíns.

SEGURO ESCOLAR XESTIONADO DENDE A ANPA

Informamos que todo aquel alumno/a que estea dado de alta no seguro escolar ofertado pola ANPA, pode facer uso del no caso de accidente. No documento adxunto pódense consultar un resumo das coberturas e outras informacións a ter en conta no caso de accidente.

Horario de atención ao público- Curso 2020/2021

Informamos que no presente curso 2020/2021 o horario de atención ó público do equipo directivo será o que se detalla na táboa a continuación. Lémbrase que para calquera trámite deberase solicitar cita previa, (ademais de manter as medidas sanitarias vixentes en cada momento).

 

 

 

1º HORA

9 A 9:55 H

2º HORA

9:55 A 10:50 H

3º HORA 

10:50 A 11:40 H

RECREO

11:40 A 12:10H

 4º HORA

12:10 A 13: 05H

5º HORA

13:05A 14:00H

LUNS

 DIRECCIÓN 

 

 

       
MARTES

  

 

        DIRECCIÓN
MÉRCORES

 

  

DIRECCIÓN

       
XOVES

XEFATURA DE 

ESTUDOS

        SECRETARÍA
VENRES

SECRETARÍA

XEFATURA DE 

ESTUDOS

        DIRECCIÓN

 

 

 

CORRECCIÓN CIRCULARNº 1: ZUMBA

Trala detección dunha errata na Circular nº 1 deste curso escolar, no documento adxunto está a disposición de todos aquelas familias que queran inscribir ós/ás seus /súas fillos/as na actividade de Zumba, o teléfono do profesor (Jordi) para poder contactar con el. Lémbrase que as prazas son limitadas.

CORRECCIÓN CIRCULARNº 1: ZUMBA

Trala detección dunha errata na Circular nº 1 deste curso escolar, no documento adxunto está a disposición de todos aquelas familias que queran inscribir ós/ás seus /súas fillos/as na actividade de Zumba, o teléfono do profesor (Jordi) para poder contactar con el. Lémbrase que as prazas son limitadas.

REUNIÓN DE TITORÍAS CURSO 2020/2021

Informamos que os martes 29 de setembro de 2020 e 6 de outubro de 2020 terán lugar as reunións coas titorías.

As normas para participar nelas son:

    • un só asistente por alumno/a
    • emprego obrigatorio de máscara en todo momento.
    • hixiene de mans e calzado á entrada á mesma.
    • a reunión terá unha duración de 45 de minutos aproximadamente (protocolo para ventilación de espazos e adecuación dos mesmos á seguinte sesión). PRÉGASE PUNTUALIDADE.
    • trataranse os temas concretos de aula: normas, metodoloxía, actividades, desenvolvemento, avaliación...

 

A continuación detállanse os días, horas e espazos nos que se desenvolverán ditas reunións

Curso

 Día

Hora

Lugar da reunión

4º Educación Infantil

(3 anos)

Martes, 29 setembro

 

18:00 h

Salón de Actos

5º Educación Infantil

(4 anos)

Martes, 29 setembro

 

18:00 h

Salón de Actos

6º Educación Infantil

(5 anos)

Martes, 29 setembro

17:00 h

Ximnasio

1º Educación Primaria

Martes, 6 outubro

17:00 h

Salón de Actos

2º Educación Primaria

Martes, 29 setembro

18:15 h

Biblioteca

3º Educación Primaria

Martes, 29 setembro

17:15 h

Biblioteca

4º Educación Primaria

Martes, 6 outubro

17: 15 h

 Biblioteca

5º Educación Primaria

Martes, 29  setembro

17:00 h

Salón de Actos

6º Educación Primaria

Martes, 6 outubro

17:00 h

Ximnasio

 

 

Composición do Consello Escolar

PRESIDENTA:

María Luisa Rodríguez Veloso

XEFA DE ESTUDOS:

Ana María Tomás del Río

SECRETARIO:

Jaime Vázquez Meijide

REPRESENTANTES DO PROFESORADO:

Silvia Muñiz Núñez

María Carmen Abal Pérez

María Teresa Güimil Barreiro

Soledad Oubiña Millán

Sara González Magdalena

REPRESENTANTES DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO:

Mónica Fontán Chaves

María Isabel Vázquez Gondar

Vanessa López González

Beatriz Otero Chantrero

Rut Cores Carro (Proposta pola ANPA)

REPRESENTANTE DO PERSOAL NON DOCENTE:

María José Fernández Vieites

REPRESENTANTE DO CONCELLO:

José Luis González Roma

ENQUISA MEDIOS INFORMÁTICOS NOS FOGARES

No arquivo adxunto poderedes ver, descargar e/ou cubrir a enquisa sobre os medios informáticos nos fogares. A finalidade da mesma é coñecer a situación deste aspecto para, en caso de  ser necesario traballar dende os fogares en ensino non presencial, poder achegar do modo máis axeitado a información ás familias. Este documento pode ser descargado e cuberto á man ou ben cubrilo telemática e envialo a través do correo do centro ceip.castrelo@edu.xunta.gal Na situación actual será o medido de resposta máis recomendado.

CIRCULAR INFORMATIVA CURSO 2020/2021 - EDUCACIÓN FÍSICA

Neste curso escolar preśentanse variacións de organización e normas en torno ás sesións de Educación Física. Atópanse detalladas no arquivo adxunto.

Distribuir contido