Blogues

ORDE DO 2 DE MARZO DE 2021 E CIRCULAR 2/2021 QUE REGULA O DEREITO DO ALUMNADO Á OBXECTIVIDADE NA AVALIACIÓN

Infórmase da publicación da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda en educación infantil, educación primaria, educación secundaria e bacharelato así como da Circular 2/2021 que o precisa. Dita documentación pode ser consultada nos adxuntos así como na seguinte ligazón.

 

No caso de querer exercer este dereito de reclamación que só se realizará en relación ás cualificacións finais e/ou promoción do alumnado, terá que facerse a través da presentación da solicitude para tal fin.

 

PLAN ANUAL DE LECTURA 2020-2021

A continuación publícase o Plan Anual de Lectura para este curso 2020-2021. Máis información, consultar adxunto.

OFERTA EDUCATIVA E DE SERVIZOS DO CENTRO

O próximo día 1 de marzo de 2021 comeza o proceso de admisión para novo alumnado para o próximo curso 2021/2022. Na seguinte presentación está a disposición de toda a comunidade educativa, un resumo dos servizos, actividades, plans, proxectos... se desenvolven no centro. Para calquera dúbida, poden chamar ó teléfono do centro 886 151 171 / 886 151 172 ou no correo electrónico ceip.castrelo@edu.xunta.gal.

Lembramos que para calquera trámite de documentación, deberase solicitar cita previa.

 

CUESTIONARIO PARA AS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CENTRO

Na Comunidade Autónoma de Galicia e xunto coa comunidade Valenciana e Canarias, estanse a levar a cabo estudos sobre os recursos e empregos de sistemas informáticos no 2º ciclo de Educación Infantil que coincide coa etapa que se desenvolve no centro. Dende a FANPA achegan a información a este cuestionario así como o seu enlace para a súa realización e piden a colaboración das familias para recoller datos de primeira man deste ciclo en concreto.

A carta completa pódese consultar tamén no adxunto.

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2021/22

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PARA O CURSO 2021/22

a. Normativa reguladora da admisión de alumnado.

* Decreto 254/2012,13 de decembro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 26 de decembro)

* Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 15 de marzo)

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 1 de febreiro)

*ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

b. Oferta de postos escolares para o curso 2020/21.

4º EDUCACIÓN INFANTIL .........................22 prazas + 3 prazas NEAE

5º EDUCACIÓN INFANTIL .........................15prazas

6º EDUCACIÓN INFANTIL .........................13 prazas

1º  EDUCACIÓN PRIMARIA ........................6 prazas + 2 prazas NEAE

2º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................11 prazas

3º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................15 prazas

4º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................11 prazas

5º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................9 prazas

6º EDUCACIÓN PRIMARIA .........................6 prazas

c. Área de influencia do centro.

      Castrelo

d. Presentación de solicitudes.

Os impresos de solicitude poderán recollerse no Centro en horario de dirección,

O horario de dirección pode consultarse na seguinte ligazón.

Os impresos de solicitude, así mesmo, poden descargarse clicando na seguinte ligazón.

Tanto para a recollida de impresos como para a súa entrega é preciso solicitar cita previa.

Unha vez cumprimentados, os impresos deberán entregarse no Centro no mesmo horario acompañados da seguinte documentación:

- Fotocopia do libro de familia (todas as follas que estean cubertas) ou do DNI.

- Certificación do Centro de procedencia no que conste o nivel cursado durante o curso 2020/21 (só alumnado procedente doutro centro).

- Certificado de empadronamento onde figuren todas as persoas que convivan no domicilio familiar.

- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

- Copia do DNI do solicitante e membros computables da unidade familiar cando se opoñan á consulta automática dos datos.

 

A solicitude de admisión tamén pode facerse por vía electrónica cumprimentando e presentando a solicitude na seguinte aplicación: www.edu.xunta.es/admisionalumnado

O prazo de presentación de solicitudes é do 1 ao 20 de marzo de 2021.

Só se pode presentar a solicitude nun centro, de non seguir esta norma as solicitudes duplicadas serán anuladas.

e. Publicación de listas de admitidos e prazo de reclamacións.

      Publicación provisional do alumnado admitido e non admitido: antes do 25 de abril de 2021.

      Prazo de reclamacións ás listas: do 26 de abril ao 3 de maio de 2021.

      Publicación definitiva do alumnado admitido e non admitido: antes do 15 de maio de 2021.

f. Prazo para a formalización da matrícula.

       Do 20 ao 30 de xuño de 2021.

g. O alumnado só poderá presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

Así mesmo, o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

En Castrelo, a 24 de febreiro de 2021.

 

BO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS

Dende o SPAD de Vilagarcía de Arousa, servizo que xa ven colaborando dende hai moitos anos en diferentes actividades co alumnado do noso centro, achegan unhas pautas de Bo uso das tecnoloxías nun contexto cada vez máis mediatizado e que require, nalgúns dos casos, a intervención de toda a comunidade educativa, familias, centro...

PLAN DE ENSINO VIRTUAL - HORARIOS

Dentro do Plan de Continxencia (versión novembro 2020), acóllense os seguintes horarios para as diferentes etapas e niveis do noso centro. Estes serán de aplicación no caso de existir un confinamento, peche de aula e/ou do centro dentro do noso colexio. No documento adxunto poden ver con detalle cada un deles.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS E DE XOGOS - NADAL 2020

Chegadas estas datas tan especiais, especialmente tendo en conta a situación actual que estamos a vivir, dende o Equipo de Biblioteca achégannos as recomendacións lectoras e de xogos para todas as idades, incluídas as familias. Con estas, o Equipo de biblioteca tamén quere desexar a toda a comunidade educativa unhas Felices festas.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS DO ALUMNADO (EDUCACIÓN PRIMARIA)

Rematado o prazo de solicitude de máscaras para o alumnado de Educación Primaria, infórmase que dará comezo á súa distribución a partir do vindeiro venres 4 de decembro de 2020, previa solicitude de cita (teléfono 886 151 171 / 886 151 172) debido á limitación horaria e as condicións hixiénico-sanitarias derivadas da situación COVID que estamos a vivir. 

Lembramos que todo o alumnado que obtivo o cheque de material escolar (50€) é beneficiario tamén das máscaras (4 máscaras hixiénicas reutilizables ata 60 lavados de cor branca).

No documento adxunto recóllense todas as características das mesmas, así como as normas de uso e de lavado para asegurar unha maior deseinfección e durabilidade das mesmas.

 No caso de ter algunha consulta/dúbida sobre este procedemento ou se o/a seu/súa fillo/a é beneficiario/a desta axuda, poden poñerse en contacto co centro nos teléfonos sinalados con anterioridade.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Dacordo coa Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria(...) en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, publicada no DOG nº 230 do 13 de novembro de 2020, infórmase da apertura do prazo de solicitude para a adquisición de máscaras para o alumnado de educación primaria que será dende o 16 de novembro ata o 27 de novembro de 2020, ambos días inclusive.

NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA ESTE CURSO 2020/2021 (cheque de 50€). Este alumnado xa será beneficiario directamente deste procedemento.

 

Si poderán presentar solicitude aquel alumnado que non foi beneficiario desta axuda e que cumpra con algunha das seguintes condicións:

- que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

- alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ó 65%.

 

Xunto coa solicitude que se achegará dende o centro, deberase entregar documentación complementaria podendo variar esta dependendo da situación familiar:

- Anexo II (achegarase dende o centro)

- copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

- en caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convencio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor

- certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- documentación xustificativa da situación de violencia de xenero no ámbito familiar.

- resolución xudicial da incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

Para tramitar a solicitude, deberase solicitar cita previa (886 151 171 / 886 151 172). Para calquera consulta, poden contactar co centro a través dos teléfonos anteriores ou ben a través do correo electrónico ceip.castrelo@edu.xunta.gal

Distribuir contido