blogue deadmin

ALIMENTACIÓN EN IDADE ESCOLAR. PRIORIDADES E PROBLEMAS MÁIS FRECUENTES

Desde a E.E.I Plurinfantil da Pastora  e en estreita colaboración co CFR de Pontevedra, organizan o vindeiro día 10 de decembro de 2021 ás 18:00 h unha charla online sobre alimentación en idade escolar, prioridades e problemas máis frecuentes. Invítase a toda a comunidade escolar, tanto familias como profesorado, a participar na mesma posto que é un tema que preocupa e inqueda a moitas familias.  Esta charla formará parte da Escola de Familias a desenvolver neste caso promocionado pola E.E.I. da Pastora aínda que aberta a todos e todas dada a importancia do asunto a tratar. 

A ligazón á charla atópase no arquivo adxunto así como neste enlace. Clica aquí

MÁSCARAS ALUMNADO CURSO 2021-22

Infórmase da publicación no DOG do día de hoxe (12 de novembro de 20219) da ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Con esta publicación, ábrese o prazo de solicitude para a adquisición de máscaras para o alumnado de educación primaria que será dende o 15 de novembro ata o 26 de novembro de 2021, ambos días inclusive.

NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR PARA ESTE CURSO 2021/2022 (cheque de 50€). Este alumnado xa será beneficiario directamente deste procedemento.

 

Si poderán presentar solicitude aquel alumnado que non foi beneficiario desta axuda e que cumpra con algunha das seguintes condicións:

- que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €

- alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ó 65%.

 

Xunto coa solicitude (ANEXO I E II)que se achegará dende o centro, deberase entregar documentación complementaria podendo variar esta dependendo da situación familiar:

- copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

- en caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial e/ou convencio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor

- certificado do grao de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

- documentación xustificativa da situación de violencia de xenero no ámbito familiar.

- resolución xudicial da incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

 

Para tramitar a solicitude, deberase solicitar cita previa (886 151 171 / 886 151 172). Para calquera consulta, poden contactar co centro a través dos teléfonos anteriores ou ben a través do correo electrónico ceip.castrelo@edu.xunta.gal

ACTIVIDADE PSICOMOTRICIDADE

Unha das actividades ofertadas neste curso 2021/2022 pola ANPA é psicomotricidade. Que se traballa e se imparte nela? No documento adxunto atoperedes información detallada ao respecto.

ACTIVIDADES DE CLUBES DEPORTIVOS

Achégase información dos clubes deportivos de atletismo e voleibol de Cambados en relación á actividade que prevén realizar nos vindeiros meses:

- CLUBE ATLETISMO DE CAMBADOS:

Horarios para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro:

 

  • Prebenxamín e Benxamín anos 2012-13-14-15: Martes e xoves de 17:00 a 18:00
  • Alevín anos 2010-11:Martes e xoves de 18:00 a 19:00
  • Infantil anos 2008-9:Mércores e venres de 17:30 a 18:30
  • Cadete anos 2006-7: Luns, mércorese venres de 18:30 a 19:30
  • Xuvenil anos 2004-5 e junior 2002-3: luns, mércores e venres de 19:30 a 20:30

CLUBE VOLEIBOL DE CAMBADOS: (a imaxe tamén pode ser consultada no adxunto)

FORMULARIO INSCRICIÓN ANPA O CASTRO

Para facilitar a recompilación dos datos da familias que se queran facer socias, a ANPA achega un enlace a unha inscrición directa con ela. O rexistro é moi sinxelo: pinchar no enlace (que se sitúa máis abaixo), clicar nel,cumprimentar os apartados e por último, dar a enviar. Así xa estaría realizada.

LIGAZÓN PARA A  INSCRICIÓN 

PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID NO CENTRO 2021-2022

Nos arquivos adxuntos atópanse o Plan de Adaptación á Situación COVID para o curso 2021/2022 e o Plan de Continxencia anexo. Sinalar que basicamente seguirá as directrices do curso pasado. 

Na seguinte presentación, resúmese a organización para este curso 2021/2022 (ante calquera dúbida, poden poñerse en contacto co centro)

 

MODIFICACIÓN Á MATRÍCULA EDUCACIÓN PRIMARIA (RELIXIÓN E VALORES SOCIAIS E CÍVICOS)

Adxúntase no arquivo o documento para realizar a modificación á matrícula do alumnado de Educación Primaria no relativo ás áreas de Relixión Católica e Valores Sociais e Cívicos. Este trámite poderase formalizar entre o 1 e o 15 de setembro de cada ano académico mediante a presentación desta solicitude debidamente asinada.

O Castro. Periódico escolar 1989/90

Edición do periódico escolar O Castro correspondente ao curso 1989/90.

Para visualizalo preme nesta ligazón.

Se prefires descargalo preme nesta outra ligazón.

O Castro. Periódico escolar 1988/89 (2)

Segunda edición do periódico escolar O Castro no curso 1988/89.

Para visualizalo preme nesta ligazón.

Se prefires descargalo preme nesta outra ligazón.

O Castro. Periódico escolar 1988/89 (1)

Primeira edición do periódico escolar O Castro no curso 1988/89.

Para visualizalo preme nesta ligazón.

Se prefires descargalo preme nesta outra ligazón.

Distribuir contido