blogue deadmin
AXUDAS AO ENSINO E TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS
Enviado por admin o Lun, 24/10/2022 - 07:45Toda a información das axudas ao ensino e transporte do Concello de Cambados no documento adxunto.
OBRADOIROS E CHARLAS PARA AS FAMILIAS: CUESTIONARIO
Enviado por admin o Mér, 12/10/2022 - 22:25As familias son parte importantísima na labor educativa e de desenvolvemento dos nosos nenos e nenas. Por eso, queremos coñecer que inquedanzas existenten na comunidade educativa así como ofrecer a oportunidade de participar en obradoiros sobre tecnoloxía que se impartirán no centro sempre que haxa demanda dos mesmos así como en temáticas de diferentes tipos. Para poder participar tanto nos obradoiros como na escolla das temáticas das charlas, deberase cumprimentar o seguinte cuestionario.
CIRCULAR Nº 1 CURSO 2022/23
Enviado por admin o Lun, 12/09/2022 - 15:24MATERIAL ESCOLAR CURSO 2022-23
Enviado por admin o Mar, 06/09/2022 - 09:35Xa están dispoñibles as listas de material escolar para o curso que dará comezo o día 8 de setembro de 2022.
PLAN DIXITAL
Enviado por admin o Mér, 29/06/2022 - 16:20Ponse a disposición da comunidade educativa o Plan Dixital aprobado o día 28 de xuño de 2022 no Consello Escolar. Este Plan comezará o seu desenvolvemento no vindeiro curso académico 2022/2023.
RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN 2022
Enviado por admin o Ven, 10/06/2022 - 12:22Dende o equipo de Biblioteca, achéganse as recomendacións lectoras e de xogo para este periodo estival que está a piques de comezar.
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2022/2023 - LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO
Enviado por admin o Mar, 24/05/2022 - 07:33Infórmase que xa está a disposición no taboleiro interior do centro, a listaxe definitiva de alumnado admitido para o vindeiro curso 2022/2023. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis de infantil e primaria, están admitidos/as. Tamén poderán consultar esta listaxe accedendo á sede electrónica a través dos diferentes medios de identificación válidos para a mesma (certificado dixital, DNI electrónico ou similar) No vindeiro mes de maio, procederase á publicación das listaxes definitivas. Tras esta informarase do prazo de formalización de matrícula (finais do mes de xuño).
No caso de existir algunha familia interesada na presentación de admisión, lémbrase que pode realizarse igualmente este trámite sendo acollido como proceso extraordinario de admisión.
CONCRECIÓN CURRICULAR DO CENTRO
Enviado por admin o Mar, 26/04/2022 - 19:00Seguindo a Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa da avaliación nas ensinanzas de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato no sistema educativo de Galicia, procédese á publicación da concreción curricular co fin de informar á comunidade educativa dos criterios xerais de avaliación do alumnado, criterios de outorgamento de mencións honoríficas así como os criterios xerais na modificación das programacións didácticas. Poderanse consultar estes aspectos no documento adxunto a esta publicación.
PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN DO COVID CON TEST DE ANTÍXENOS DE SALIVA
Enviado por admin o Mér, 19/01/2022 - 10:46Adxúntase o protocolo para a detección de infección do COVID con test de antíxenos de saliva e como se realiza a toma da mostra e lectura do mesmo.
MARCO COVID ACTUAL
Enviado por admin o Mér, 12/01/2022 - 21:29Achegamos información que pode ser de interese para as familias en relación á situación COVID actual. A continuación engádense as medidas xerais que debemos ter en conta en todos os centros educativos como medidas de prevención na propagación do virus (infografía Ministerio de Sanidad/ Ministerio de Educación y Formación Profesional)
Para información detallada, deixamos a continuación as ligazóns a estes dous textos de referencia:
- Proposta de reforzo e adaptación das medidas de prevención COVID-19 en centros educativos e centros universitarios para o reinicio da actividade presencial en xaneiro de 2022
- Adaptación da guía de actuación ante a aparición de casos de COVID-19 en centros educativos a un contexto de alta circulación de virus SARS-COV-2
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »