blogue deadmin

ACTIVIDADE BALONMÁN

Dende o Clube ACD Asmubal Meaño e en colaboración coa ANPA O Castro de Castrelo, achegan información sobre unha actividade a desenvolver no pavillón do noso colexio entre o 4 de setembro de 2023 e o 31 de outubro deste mesmo ano. Teñen toda a información detallada sobre o mesmo nos documentos adxuntos.

LUDOTECA DE VERÁN 2023

Ábrese o prazo para inscribirse na ludoteca de verán. Nos carteis adxuntos pódense consultar os prezos, actividades, teléfonos de contacto para a inscrición... 

De antemán, grazas por participar!!!

SOLICITUDE PLAN MADRUGA "OS/AS PRIMEIROS/AS DA CLASE" PARA O PRÓXIMO CURSO 2023/2024

Dende o Concello de Cambados achégase a información sobre o Plan Madruga, "Os/as primeiros/as da clase", de cara o vindeiro curso 2022/2023. O prazo de presentación das solicitudes xa se atopa aberto sendo a data límite de entrega de solicitudes o venres 16 de xuño. Deberase formalizar o proceso na Biblioteca Municipal "Luis Rei" en horario de luns a venres de 15:30 a 19:30 h con cita previa. No adxunto está á disposición toda a información sobre este servizo (horarios, prezos, lugar de entrega, solicitude, documentación a achegar...).

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023/2024: LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO

Infórmase que xa está a disposición no taboleiro interior do centro, a listaxe provisional de alumnado admitido para o vindeiro curso 2023/2024. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis, está admitido/a. Tamén poderán consultar esta listaxe accedendo á sede electrónica a través dos diferentes medios de identificación válidos para a mesma (certificado dixital, DNI electrónico ou similar) No vindeiro mes de maio, procederase á publicación das listaxes definitivas. Tras esta informarase do prazo de formalización de matrícula (finais do mes de xuño).

No caso de existir algunha familia interesada na presentación de admisión, lémbrase que pode realizarse igualmente este trámite sendo acollido como fóra de prazo.

Normativa de Organización e Funcionamento do Centro

Documento no que se recolle toda a normativa nas relacións, dereitos, deberes, obrigas e diferentes procedementos dentro das actividades e en relación ós membros da comunidade educativa actualizado trala aprobación no Consello Escolar do día 24 de xaneiro de 2023.

Poden consultar o texto ó completo no adxunto.   

RECOMENDACIÓNS LECTORAS NADAL 2022

O equipo de Biblioteca, co ben querido Castrelix como mensaxeiro, envíanos as recomendacións lectoras para este Nadal 2022.  

PLAN ANUAL DE LECTURA 2022-23

No adxunto está a disposición de toda a comunidade educativa o Plan Anual de Lectura para este curso 2022-23.

AXUDAS AO ENSINO E TRANSPORTE DO CONCELLO DE CAMBADOS

Toda a información das axudas ao ensino e transporte do Concello de Cambados no documento adxunto.

OBRADOIROS E CHARLAS PARA AS FAMILIAS: CUESTIONARIO

As familias son parte importantísima na labor educativa e de desenvolvemento dos nosos nenos e nenas. Por eso, queremos coñecer que inquedanzas existenten na comunidade educativa así como ofrecer a oportunidade de participar en obradoiros sobre tecnoloxía que se impartirán no centro sempre que haxa demanda dos mesmos así como en temáticas de diferentes tipos. Para poder participar tanto nos obradoiros como na escolla das temáticas das charlas, deberase cumprimentar o seguinte cuestionario.

 

CIRCULAR Nº 1 CURSO 2022/23

 No seguinte documento, recóllese toda a información para as familias sobre como facerse socio da ANPA, servizos ofertados, actividades extraescolares (aí poderedes consultar xa os horarios de emprego do pavillón e da aula de psicomotricidade), normas...
No caso de que querer formar parte desta asociación, a continuación atópase a ligazón de inscrición: 
 
 
 
Distribuir contido