Blogues
O Castro. Periódico escolar 2004-2005
Enviado por admin o Ven, 05/06/2020 - 09:56A banda de música de Castrelo
Enviado por admin o Ven, 05/06/2020 - 09:52Libriño publicado en 1983.
Traballo do alumnado de oitavo de EXB no que facían un estudo sobre a Banda de Música de Castrelo, agrupación de gran importancia e arraigo na parroquia, á vez que lle rendían homenaxe.
Naturalmente é un traballo que hai que ver coa distancia que dá o tempo transcorrido (preto de 40 anos), xa que a banda segue a funcionar na actualidade.
Para visualizalo preme nesta ligazón.
Se prefires descargalo preme nesta outra ligazón.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2021/2022
Enviado por admin o Mar, 02/06/2020 - 10:34Infórmase que no taboleiro interior do centro atópanse publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso 2021/2022. Seguindo a Lei de Protección de Datos, estas listaxes non poderán ser publicadas na web do centro. Non obstante, sinalar que todo o alumnado que solicitou praza nos diferentes niveis de infantil, están admitidos/as . Tamén poderán consultar esta listaxe accedendo á sede electrónica a través dos diferentes medios de identificación válidos para a mesma (certificado dixital, DNI electrónico ou similar) No vindeiro mes de maio, procederase á publicación das listaxes definitivas. Tras esta informarase do prazo de formalización de matrícula (finais do mes de xuño).
O Castro. Periódico escolar 2003-2004
Enviado por admin o Mar, 02/06/2020 - 08:57Unha chea de refráns
Enviado por admin o Mar, 02/06/2020 - 08:50Libro publicado en xuño de 2008.
Ao longo do tempo, os nosos antepasados foron observando a realidade que os rodeaba e sacando conclusións que resumiron en frases breves con grande capacidade de síntese que se transmitiron oralmente: os refráns. Os máis coñecidos e usados na parroquia de Castrelo quedan recollidos neste libriño.
Para visualizalo preme nesta ligazón.
Se prefires descargalo preme nesta outra ligazón.
O taballo no mar (Aparellos e artes de pesca e marisqueo)
Enviado por admin o Mar, 02/06/2020 - 08:40Libro publicado no ano 1990.
Trátase dun manual sobre as artes, as embarcacións e as tradicións na pesca na ribeira sur da ría de Arousa, tomando como centro a parroquia de Castrelo.
O corpo central deste traballo obtivo o primeiro premio nos concursos escolares Alfredo García Alén convocados polo Museo de Pontevedra para o curso 1989-1990 co título: Aparellos e Artes de Pesca e Marisqueo.
Para visualizalo preme nesta ligazón.
Se prefires descargalo preme nesta outra ligazón.
Xogos populares
Enviado por admin o Xov, 28/05/2020 - 09:30Libro publicado en maio de 1997 co que se pecha unha triloxía que comezou con “O campo en Castrelo”, seguiu co mundo máxico dos remedios e crenzas en “A medicina popular” e remata coa achega lúdica dos xogos populares.
Recóllense xogos que se practicaban na parroquia e no seu entorno nunhas épocas nas que non había xoguetes, ou eran de difícil acceso, e a imaxinación buscaba recursos, solucións e variantes que renovaban a ansia polo xogo.
Para visualizalo preme nesta ligazón.
Se prefires descargalo preme nesta outra ligazón.
A medicina popular
Enviado por admin o Xov, 28/05/2020 - 09:16Libro publicado en 1996 no que se recopila o saber, recollido en Castrelo e nas áreas limítrofes, en torno á “medicina popular”.
Trátase dun compendio de solucións a situacións para as que non se atopaban outras saídas, ás que se engaden os “saberes naturistas” cos que se mesturan crenzas que tiveron a súa orixe en tempos remotos. E todo sen esquecer a enorme riqueza de vocabulario que o tema aporta e que cómpre preservar.
Para visualizalo preme nesta ligazón.
Se prefires descargalo preme nesta outra ligazón.
O campo en Castrelo
Enviado por admin o Mér, 27/05/2020 - 09:38Libro publicado en en outubro de 1995 no que se recollían traballos realizados no centro en cursos anteriores sobre a agricultura en Castrelo.
Nesta publicación aparecen reflectidos feitos, situacións, usos, costumes, obxectos, aparellos e vocabulario que o tempo e os novos usos estaban facendo desaparecer e dos que se quería conservar a memoria.
Para visualizalo preme nesta ligazón.
Se prefires descargalo preme nesta outra ligazón.
Recomendacións Inglés Semana do 25 ao 29 de maio
Enviado por admin o Lun, 25/05/2020 - 08:04Tedes nos adxuntos o resumo de actividades para os niveis de 5º e 6º EP. Para os demais niveis consultar a Aula virtual do centro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »