Skip to Content

ANUNCIO DO SORTEO PÚBLICO DE FORMACIÓN DA XUNTA ELECTORAL.

O próximo 2 de novembro ás 12:05 será o sorte púbico da formación da Xunta Electoral. 

Directora: Olalla Formoso Sanmartín

Secretario da Xunta Electoral: Asier Fraga Caballero. 

Mandadiños de Samaín

Semana do 24 ao 28 de outubro. 

Concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 está previsto que se publique a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.  

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50 euros recibirán un vale adicional de 25 euros. 

A resolución dispoón que as familias poden recoller o vale de 25 euros no centro docente a partir do seguinte día hábil ao da publicación no DOG. 

 

Samaín

Queridas familias:

Este ano festexaremos o Samaín o 28 de outubro de 2022. 

Na semana do 24 ao 27 de outubro, no colexio poñeremos unha serie de “mandatos” no que cada día terán que traer un pequeno atrezo. O día 28 de outubro virán con disfraz libre relacionado coa festividade do Samaín.

Por outra banda, do 24 ao 28 de outubro o alumnado poderá traer cabazas decoradas coas que faremos unha exposición na entrada do colexio. Será un concurso con tres categorías: a cabaza más terrorífica, a cabaza máis ecolóxica e a cabaza máis creativa. Todos os participantes deste concurso terán un premio tamén.

Gracias pola vosa colaboración.

Horario xornada partida.

A partir de outubro comezamos coa xornada partida.

Distribuir contido


by Dr. Radut