O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro e diríxese ao alumnado de 6º Curso de Educación Primaria que continuará os estudos no CPI Alcalde Xosé Pichel
As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual ou a través da aplicación:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
- Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
Para presentar a solicitude no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitude-Reserva-Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorización. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Crear”. Nesta lapela aparecerá unha mensaxe onde descargar a solicitude e o anexo I Bis que haberá que presentar no centro, así como o xustificante co código da solicitude.
- Cubrir a solicitude informaticamente e asinala en Sede Electrónica:
Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes-Reserva-Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos académicos e autorización. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Crear”. Nesta lapela aparecerán as opcións para presentar e asinar a solicitude na sede electrónica ou para descargar o informe (solicitude) e presentalo no centro educativo, neste caso acompañado do número de código da solicitude.
- Cubrir a solicitude (Anexo I e Anexo I-bis) manualmente con letras maiúsculas e presentala asinada presencialmente no centro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anexo I-Anexo I bis.pdf | 1.23 MB |