Skip to Content

INICIO CURSO ESCOLAR 2018-2019

Este mércores 12 de setembro comezamos o novo curso escolar 2018-2019.

. O mércores temos xornada reducida con horario de 9:45 a 13:00h. Haberá servizo de transporte escolar pero non de comedor.

   - Ás 9:45 celebrarase o acto de presentación no comedor para todo o alumnado e familias do centro.

   - A continuación, as familias dirixiranse ás súas respectivas titorías acompañadas do titor/a correspondente para que lles sexan facilitadas as directrices de comezo de curso.

   - As familias que así o desexen poden levar consigo aos seus fillos/as ao remate da sesión avisando de que non vai a facer uso do servizo de transporte para volver a casa ese día.

 

. O xoves 13 xa comezamos co horario e servizos habituais do mes de setembro:

  - Xornada lectiva: de 9:45 a 14:45h.

  - Servizo de comedor: de 14:45 a 16:00h. 

  - Servizo de transporte de entrada (nos horarios habituais nas paradas correspondentes a este mes) e de saída ás 16:00h.

 

Benvidos/as ao novo curso!

Atentamente,

O equipo directivo

 

 



page | by Dr. Radut